Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2022/2023

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

   DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

    ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Esta normativa pode ser consultada no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

Tamén incluímos como ficheiro adxunto os manuais dispoñibles na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

 

  -POSTOS ESCOLARES OFERTADOS NO IES DE VILALONGA:                                     

 

NIVEL

PRAZAS POR NIVEL

VACANTES ESTIMADAS

1º ESO*

90

16

2º ESO

90

20

3º ESO

90

15

4º ESO

90

35

1º BACH. HUM. E CCSS

66

31 

1º BACH. CIENCIAS

66

22

2º BACH. CIENCIAS

66

4

2º BACH. HUM. E CCSS

66

25

 

*TODAS AS RESERVAS REALIZADAS PARA 1º DE ESO  FORON ADMITIDAS (resérvanse tres prazas por unidade para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo).

 O número de prazas pode ser modificado por posibles incorporacións ao centro que se produzan antes da publicación da listaxe provisional. Toda adxudicación extraordinaria logo do 25 de abril non implicará modificación das vacantes ofertadas.

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

 Do 1 ata o 21 de marzo de 2022 ambos os dous días incluídos.

 Prazo para solicitudes FÓRA DE PRAZO: do 22 de marzo ao 25 de abril.

 

 Prazo extraordinario: do 26 de abril en adiante.

 

-NOTA INFORMATIVA:

 

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.

 

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO SE É O CASO:

 

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión: do 24 de marzo ao 6 de abril ambos os dous incluídos.

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E PRAZOS PARA FORMULAR RECLAMACIÓN:

 

-Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 

-Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da súa publicación.

 

-Listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

-PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO:

 

Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 

-CENTROS ADSCRITOS AO IES DE VILALONGA  E ÁREAS DE INFLUENCIA:

 

-CEIP Cruceiro: Vilar, Touceira, O Castro, Piñeiros, Costiña, Freixo, Rouxique, Salgueira, Cruceiro, Bruñeira, Lagarei, Arnosa, Fianteira, Xuncabranca, Gondar de Abaixo, Gondar de Arriba, Revel, Pedreiras, Peai, Cruce da Vichona (dirección Vilalonga), Lomba, Outeiro, Gondariño, Carballo, Empalme, Altamira,Seixobranco.

 

-CEIP Plurilingüe de Nantes: O Pedroño, Nantes de Reis, Bouzón, Santa Eulalia de Nantes, Seixomil, Pazos, Casal, Buezas, Fontoira (a partir do cemiterio), Contumil, Seixal, Rial, Santa Mª da Digana, Vinquiño (a partir da casa nº 5), Pedrouzos, Xesteiriña, Forxán, A Cachada, O Santo, Dadín, Pedeiras, A Granda,Viliquín.

 

-CEIP de Noalla: Telleiro, Aios, Eira do Monte, Besadoiros, Capilla, Bascuas, Pragueira, Major, Cachadelos, Foxos, A Lanzada, Quintáns, Igrexa, Altín, Soutullo, Pontes, Salgueiro do Mato, Casal, Caseiros (cuartel), Tombelo, Revolta I, Revolta II.

 

-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO IES DE VILALONGA:

 

Transporte escolar.

Rafael Arines Gago, director do IES de Vilalonga

AdxuntoTamaño
manual_familias_admision_v05.pdf175.06 KB


blog | by Dr. Radut