Skip to Content

Blogues

LSITAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no programa de Fondo de libros da Consellería. Pódese consultar no taboleiro do centro ou na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/.

Aquelas persoas que resultasen excluídas, poderán entregar a documentación os días 12 e 15 de xullo.

A listaxe definitiva sairá publicada o día 24 de xullo. Os libros e vales entregaranse ó inicio de curso. 

PRAZO MATRÍCULA

 

Informamos de que, ao rematar o prazo de presentación de matrículas de ESO e BAC o día 7 de xullo, domingo, este verase ampliado ata o luns 8 de xullo, tal e como establece a normativa, é dicir, aínda se poderán presentar matrículas de ESO e BAC o luns, 8 de xullo.

ACTIVIDADE CLUB DE CIENCIAS

Nesta actividade de Física o alumnado realiza o deseño e confección de sistemas sifónicos
para a construción de fontes de fluxo infinito.
- Traballar con material de laboratorio e material reciclable na montaxe de diferentes fontes
sifónicas.
- Identificación das variables na realización dunha experimentación.
- Montar adecuadamente as diferentes partes das fontes sifónicas.
- Concluír leis científicas

Estudio estatístico DAFIS

Aproveitando os datos recollidos no proxecto DAFIS, o alumnado levou a cabo, de forma colaborativa, un estudio estatístico na materia de matemáticas, valorando a idoneidade das medicións acadadas en comparacións cuns valores normativos e reflexionando acerca das repercusións e posibilidades de mellora.

A continuación, mostramos un recopilatorio dalgunhas das gráficas creadas.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

Libros de texto para o curso 2024/25.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS EN ESO E BACHARELATO

En cumprimento da ORDE do 2 de marzo de 2021 , que establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións nos cursos de ESO e Bacharelato, publícase o seguinte calendario relativo á reclamación sobre as cualificacións obtidas na avaliación final en ESO e ordinaria de 1º de Bacharelato.

 

 

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DO RENDEMENTO ACADÉMICO NA ESO

O día 7 de xuño iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

 A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

  Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

Para máis información, preme aquí.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut