Despois da constitución da Xunta Electoral o pasado luns 7 de novembro e trala súa primeira reunión publicamos as datas máis destacadas no proceso electoral aprobadas nela:
· Prazo de exposición do censo electoral do 10 ao 1 de decembro.
· Período de reclamacións ao censo ata o 17 de novembro.
· Prazo de presentación de candidaturas do 11 ao 18 de novembro ambos incluídos.
· O 21 de novembro, reunión da xunta electoral para a proclamación provisional dos/das candidatos/as e sorteo das mesas electorais de pais e nais e PAS
· Prazo de reclamacións: 22 e 23 de novembro
· O 24 de novembro, reunión da xunta electoral para a resolución das reclamacións, e proclamación definitiva dos censos e dos candidatos/as.
· Día de celebración das eleccións: O 29 de novembro das 9:30 h ás 18:00 horas.
NOTA: XUNTAMOS ARQUIVOS COA NORMATIVA DE APLICACIÓN.