Menú principal do blog PVAD

Blog do PVAD

Benvidos á web do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do IES de Vilalonga. Neste espazo iremos mostrando as diferentes actividades levadas a cabo no noso centro, encamiñadas a proporcionar, ó noso alumnado, unha formación complementaria no campo dos hábitos de vida saudables. __________________________________________________________

Durante os meses de maio e xuño organizamos un torneo de fútbol sala cun gran éxito de participación, incluíndo equipos masculinos, femininos e mixtos; organizados en dúas categorías, segundo o curso dos seus integrantes.

O formato de liguilla elixiuse para favorecer a práctica deportiva e que todos os equipos puidesen xogar un bo número de partidos.

Ademais, ó realizarse durante o recreo, a afluencia de público tamén se deixou notar, creando así un ambiente motivador en torno ó evento deportivo. 

Aproveitando os datos recollidos no proxecto DAFIS, o alumnado levou a cabo, de forma colaborativa, un estudio estatístico na materia de matemáticas, valorando a idoneidade das medicións acadadas en comparacións cuns valores normativos e reflexionando acerca das repercusións e posibilidades de mellora.

A continuación, mostramos un recopilatorio dalgunhas das gráficas creadas.

Enmarcado no proxecto DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), no IES de Vilalonga realizamos as medicións daquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non. 

En particular, analizamos a composición corporal, a forza de prensión manual, a flexibilidade, a distancia de salto horizontal, o tempo en suspensión cos brazos, a velocidade de desprazamento e a capacidade cardiorrespiratoria.

O 15 de novembro, o alumnado de 1º da ESO do IES de Vilalonga participou no encontro de Campo a Través, realizado no piñeiral de Montalvo. 

Ensinamos unha mostra do ben que o pasamos!!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.