Skip to Content

AXUDAS PARA ESTADÍAS NO ESTRANXEIRO (ALUMNADO DE BACHARELATO)

A Xunta de Galicia vén de convocar un total de 525 prazas para alumnado de Bacharelato para realizar estadías lingüísticas no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias noutros idiomas.

Trátase de estadías de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal e Canadá no período estival. No caso de alumnado de 1º de Bacharelato, ofértase tamén a estadía de integración nun centro educativo canadense ao inicio do curso 2022-23, cunha duración de catro semanas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de febreiro, e poderán formalizarse a través da sede electrónica da Xunta ou no Portal Educativo: https://edu.xunta.es/axudasle.

 



blog | by Dr. Radut