Skip to Content

SAÍDA EN BICICLETA AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

O luns 13 de maio o departamento de Tecnoloxía en colaboración co departamento Educación Física, realizou co alumnado de 2º da ESO unha saída en bicicleta para coñecer un poco máis o tecido empresarial da nosa contorna. Visitamos os Talleres Facal, a Subestación transformadora, a empresa Novo Campo Plantenes e a Ecoplanta de Resíduos Sólidos Urbanos. 

 

CHARLAS DA SEMANA DA CIENCIA

CHARLA SOBRE VARAMENTO DE VERTEBRADOS MARIÑOS NAS COSTAS GALEGAS:

A charla foi impartida pola CEMMA (Coordinadora de estudo dos mamíferos mariños) o 30 de abril do 2024 no IES Terra do Xallas coa colaboración do Departamento de Orientación e o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Se queres saber algo máis sobre as actuacións que podes realizar, prema aquí.

 CHARLA SOBRE O LOBO IBÉRICO

A charla foi impartida polo proxecto lobo, o seu obxectivo é promover un mellor coñecemento sobre o cánido tanto da súa xestión como da súa conservación. Se queres saber algo máis sobre o lobo ibérico: prema aquí

 

VIAXE A ROMA

O alumnado de 3º da ESO xa está en Roma disfrutando dunha viaxe organizada polo departamento de relixión. Que o disfruten!!

Galería de fotos

 

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON FUCO REYES, “O ESPELLO DE CLAUDE”

O alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de fotografía e identidade co psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes. Con esta actividade escolar de Afundación, organizada polo departamento de Artes Plásticas, Fuco explora aspectos clave na etapa da adolescencia como a construción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación. Esta viaxe a través das emocións desenvolveuse en cinco sesións dos meses de marzo e abril. Se queres ver o traballo realizado, prema aquí.

SEMANA DA CIENCIA

No marco da Semana da Ciencia desde os departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química o alumnado de 4º ESO e 1º BAC de Anatomía, explicou ao alumnado de 2º ESO diversos conceptos científicos mediante experimentos sinxelos. No instagram CCienciasXallas podedes atopar información e imaxes de cada unha das experiencias realizadas. Moitas grazas ao alumnado polo esforzo e o traballo realizado. Para máis información prema: aquí 

AS PEGADAS DE ROSALÍA POR PADRÓN

O venres 11 de abril o departamento de Lingua Galega Literatura xunto coa Biblioteca realizamos co alumnado de 3º da ESO un roteiro rosaliano por Padrón guiado polo especialista na súa obra e historiador Manuel Baleirón. Percorremos os seguintes lugares: estatua de Rosalía (sita no Espolón), casa na Rúa do Sol, Casa Grande de Arretén, cemiterio de Adiana e Casa-Museo Rosalía en a Matanza.

Distribuir contido


by Dr. Radut