Skip to Content

Complementarias

Presentación 3ª edición de Talentos Inclusivos

 

     O IES Sofía Casanova estivo presente o 4 de novembro na presentación da terceira edición de Talentos Inclusivos.

     Talentos Inclusivos é unha iniciativa promovida polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña que permite a persoas con diversidade funcional suprimir barreiras de accesibilidade gracias a proxectos e ideas tecnolóxicas de estudantes de ESO e bacharelato.

     Nesta terceira edición participará alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO.

     Máis información en: Xunta de Galicia, ASPACE, Cadena Ser, El Español

Gañadores do III Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

         Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado o curso 2021 - 2022, 
  - 1º ciclo ESO: Hugo Alonso López: O POZO ESPIRAL, e Miguel Hermida Vivero: EIXO NA AUGA.
   - 2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes: PARÁBOLA NA LUZ, e Antón Iglesias Pallarés: MIRADA CIRCULAR.
   - BACHARELATO: Jéssica Criado Guinaldo: A ESTRUTURA ESFÉRICA QUE LEVA O VENTO, e María Kim: BURATO NEGRO NUMÉRICO.
        Proximamente presentaranse as bases para participar na IV convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías.

Actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova

   

    Vimos de rematar dúas actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova, a realización dun mural a carón da cafetería (que servirá ademais para facer un vinilo destinado á biblioteca), e unha curtametraxe do proceso do deseño e execución do mesmo. A cousa empezou antes de verán pasado, cando de tanto oir o bonitos que quedaran os armariños da sala de profes co vinilo que amplía a coñecida acuarela de Ricardo Pena, deunos por pensar en algo parecido para o “biombo” da biblioteca. Despois ocorréusenos facer primeiro un mural, e dahí unha fotomontaxe, e dahí o vinilo. E de paso, por que non documentar o proceso -se chegaba a ser- mediante unha curtametraxe do making-of (anglicismo que se traduce como “a feitura de”) de todo, eh?

   

Peche da segunda edición Talentos Inclusivos

   

    O 17 de xuño tivo lugar o remate da segunda edición do Proxecto Talentos Inclusivos, proxecto organizado polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña coa finalidade de "espertar as vocacións tecnolóxicas entre a xuventude, á vez que se trata de sensibilizar sobre a diversidade funcional".

  Un grupo de alumnas e alumnos representando ao alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e Tecnoloxía Industrial I presentaron unha botoeira de TV adaptada, un Tetris adaptado e un timbre sen fíos.

  codigocero e elidealgallego fixeronse eco do proxecto.

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

Entrega dos premios do I torneo de xadrez do Club Enroque

   

    Hoxe día 22- 6- 2022, ás 12'10 fíxose entrega, na biblioteca, dos premios do I torneo de xadrez do Club Enroque do IES. Sófía Casanova.

            Os gañadores son:
    1.º- premio. Iago Leandro Burgo Macazaga.
    2.º- premio. Gabriel Vázquez Núñez.

                Parabén ós gañadores!

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 21-22

        Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 21-22 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e dentro dos contidos coreográficos fíxose un Flashmob de Tanxugueiras e o nosos xa mítico Just-Dance dos recreos dos venres.

Saída Kayak - Sendeirismo

   

    O 28 de Abril fixemos unha saída de Sendeirismo e Kayak, con 2º ESO,  dende Pontedeume ao porto de Redes.

    A pesar da longa distancia conseguimos chegar todos cos kayak a Redes sen dificultades.

    Deporte, baño, convivencia no areal, natureza. Un día moi completo e con ganas de repetir. 

Distribuir contido


by Dr. Radut