Skip to Content

2021-22

Praga. Erasmus+FCT

 

O alumno de 2º de DIRCO Adrián Salgado Prego rematou este xuño a súa estadía Erasmus+FCT no programa KA103 no hotel Eurostars Thalia en Praga. Despois dun tempo sen estadías no estranxeiro, reanudamos os programas e como sempre, cuns resultados moi satisfactorios tanto nos participantees, coma nas empresas colaboradoras.

Olimpíada Matemática 2022

Pablo Engroba López-Boado e Antón Avilés López de 2º ESO clasificáronse para a fase final galega que se celebrará o Xoves 26 de maio. Felicidades a Pablo, Antón e a todos os compañeiros e compañeiras participantes. Sorte!

IEK PEIRAIAS de Atenas (ERASMUS)

Dúas profesoras do IES Sanxillao realizaron unha mobilidade Erasmus  de FP Educación Superior no IEK PEIRAIAS de Atenas, onde poideron coñecer o desenvolvemento das clases de hostelería. Temos que destacar a profesionalidade e a calurosa acollida do instituto grego, e dámoslle as gracias por deixarnos participar nos seus talleres de cociña e as súas clases teóricas. (click na imaxe)

Álbum: Hostalaría -> IEK PEIRAIAS -Atenas 2022

MUNCYT

O alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Sanxillao, acompañado de profesorado dos departamentos de tecnoloxía, física e química e bioloxía; viaxaron ata o MUNCYT, na Coruña; os días 31 de marzo e 1 de abril respectivamente. Nesta saída escolar puideron desfrutar dunha visita guiada polo museo e da realización dun taller didáctico de electricidade para o alumnado de 2º da ESO e de nanociencia para o de 3º da ESO. (click na imaxe)

Álbum: Tecnoloxía -> MUNCYT 2022

Programa de Inclusión e Diversidade Educativa

O alumnado de 2º ESO práctica Goalball na materia de Educación Física. Poñémonos na pel dunha persoa con cegueira. Actividade enmarcada dentro do Programa de Inclusión e Diversidade Educativa de centro. Material cedido pola Fundación ONCE.
 

Metodoloxías activas

 
O alumnado de 1º ESO traballa na materia de Xeografía e Historia metodoloxías activas como a aprendizaxe cooperativa ou o Visual Thinking como base dunha aprendizaxe competencial. Profesor: Álvaro Abuin.

Lectura dramatizada. MEDEA

MEDEA. Lectura dramatizada realizada polo alumnado de 1º ESO

Olimpíada Matemática. Edición 2022

Diego Rodríguez Fuentesn Nair Val García, Lucas Cedrón Pérez, Alejandro Franco Losada, Antón Avilés López, Pablo Engroba López-Boado, Mesfin Sánchez Peña, Bruno Magdalena Rodríguez

 
Alumnado de 2º ESO participou na fase de zona da Olimpíada Matemática. Nesta proba tiveron que resolver cinco problemas nos que se valorará principalmente o método de resolución empregado, a súa orixinalidade,... por enriba da mera solución. Á espera dos resutados FELICIDADES polo seu esforzo e interese .  

Teo de Frutos, campeón de España sub 16 en pista cubierta en los 3000m

 

O alumno do IES Sanxillao e atleta do Lucus Teo de Frutos proclamouse campeón de España na categoría sub 16 no Nacional de pista cuberta.

Parabéns Teo!

 

I xornadas de inclusión e diversidade

I premio ESOPÍAS 2021/22

   

Hoxe fixemos entrega dos I premios de ESOPÍAS que convoca o departamento de Matemáticas para celebrar o Día Internacional de π.

1º premio 1º-2º ESO- FPB: Mesfin Sánchez Peña, 2º Premio Lúa Candia Seijas

1º premio 3º-4º ESO: Elba Penas Goy, 2º premio Sergio González López 

 

Proyecto "A xuventude crea"

A Asociación cultural para a integración Diversos explicou ao alumnado este proxecto que ten como finalidade promover o coñecemento das artes escénicas e audiovisuais así como facilitar a integración de colectivos excluídos ou en risco de exclusión a través das astes escénicas e audiovisuais.

 

Teatro Clásico: ANFITRIÓN

O alumnado de 1º BAC Latín disfrutou este 8 de marzo da representación de ANFITRIÓN  de Plauto no auditorio Gustavo Freire

Visita á Catedral de Lugo e ao parque multiaventura de Marín

O departamento de Relixión Católica organizou a visita á Catedral de Lugo e ao parque multiaventura de Marín , actividade na que participou o alumnado de 2° de ESO

Álbum: Relixión -> Catedral de Lugo - parque multiaventura Marín. 2022

Preparando 8 de marzo día Internacional da Muller

Hoxe 3 de marzo contamos coa Asociación ALAR Galicia que lles transmitiu ao alumnado de 1º ESO conceptos básicos sobre Igualdade de Xénero como antesala á celebración do 8 de marzo.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER -8 marzo

Entroido no IES Sanxillao

 

 

O Entroido chega ao IES Sanxillao e tamén a Instagram

1º Concurso de ESOPÍAS

 

Para conmemorar o día internacional do nº π (mes 3, día 14), o departamento de Matemáticas convoca o 1º Concurso de ESOPÍAS

Esopía: relato, comentario ou poema, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π, e dicir, a 1ª palabra tres letras,  a seguinte unha, logo catro,.....

Bases e máis información

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut