Skip to Content

2020-21

Gradación 2º BAC

O alumnado de 2º de BAC celebrou o pasado xoves 20 de maio a súa gradación e despedida do centro nunha cerimonia  “académica” que contou con actuacións musicais e recitado de poesías organizadas polo propio alumnado.

Clasificada para a fase final nacional da Olimpíada Matemática

A alumna Gaia Zordan Guerreiro de 2º ESO segue a queimar etapas e acaba de clasificarse para a fase final nacional da Olimpíada Matemática. Parabéns 

Asesinato en Tokio 2020

O  pasado 21 de maio,  o profesor de física e química José Efrem Piñeiro García, compartiu co alumnado e profesorado do IES SANXILLAO a publicación do se primeiro libro, unha novela policíaca titulada “Asesinato en Tokio 2020”.

Premios do I Certame escolar IlustrarNÓS

Parabéns á nosa alumna Mariña Dafonte Paz polo premio recibido e convocado pola Deputación de Lugo coincidindo coa celebración do Día da Ilustración en Galiza. O estudantado de 3ª e 4ª de ESO tiña como referencia “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.  

Olimpiada Matemática

A alumna Gaia Zordan Guerreiro de 2º ESO quedou clasificada para a fase final da olimpíada matemática galega. Noraboa ela e a/os  demais compañeiras/os que participaron.

Curvas con nome

Este traballo foi feito por un grupo de alumnos de 3ºESO C, a partires dunha pregunta que fixeron nunha clase.

No tema de Funcións e Gráficas, estúdanse funcións e gráficas que teñen nome (parábola, hipérbola....), e a pregunta foi se todas as curvas tiñan nome. Entón xurdiu a idea de facer un traballo de busca de curvas importantes en diversos ámbitos da realidade e o nome que reciben. (pincha na imaxe)

Álbum: Matemáticas -> Curvas con nome 2020/21

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O día 23 de abril, co gallo do día do libro, aproveitamos co grupo de 1.º ESO E para gozar da lectura do libro de Ledicia Costas  Escarlatina, a cociñeira defunta. 
Este libro conta con numerosos premios e coa súa lectura podemos converternos en magníficos chefs da man de Escarlatina e Román Casas.
Unha ducia de gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
BOA LECTURA!!

PROGRAMA DE PREVENCIÓN ÓRDAGO

O alumnado do grupo de 2.º ESO E rematou o obradoiro "Programa de prevención ÓRDAGO". Un taller educativo enmarcado dentro do programa +XTI do Concello de Lugo que consta dunha guía para o alumnado coa fin de traballar durante tres sesións, ao longo do curso, e tratar contidos como a presión de grupo, a toma de decisións, o consumo e a publicidade, crenzas, actitudes ou a autoestima.

O obxectivo xeral é dotar de información, recursos e habilidades o alumnado para que dispoña dos valores e habilidades necesarias para decidir de maneira razoada e autónoma en situacións de oferta de drogas.

Confinamento na parede

Co  gallo do aniversario do comezo   do confinamento a comunidade educativa do noso centro adicou un breve tempo a reflexionar sobre o que supuxo nas nosas vidas ese periodo tan excepcional ; tentamos lembar algo positivo, algo negativo e algunha anécdota ou curiosidade de eses días ; o resultado foi exposto a carón da nosa biblioteca , onde todos poidemos aprender das experiencias dos demáis ...e tamén rir un rato!! 

Olimpiadas de Filosofía

Mariña Dafonte, alumna de 3º ESO A, acadou o 3º posto nas Olimpiadas de Filosofía de Galicia na modalidade de Banda deseñada. Mariña defendeu a súa obra ante  un tribunal por videoconferencia tras ser seleccionada entre as obras máis votadas polos centros participantes. Esta VIII edición versou sobre a relación entre "LIberdade e Seguridade" participaron un total de 23 centros de Galicia. Parabéns Mariña, a seguir creando debuxos para reflexionar!!
 Por outra banda a foto máis votada polo profesorado no concurso interno de fotografía filosofíca do centro foi a de Haydée Tudela de 2º BAC, parabéns, Haydée! Dende o centro foron agasalladas cun exemplar de Filosofía en la calle de Eduardo Infante.

Laura Varela. Tempo líquido

A alumna de 2º de Bacharelato do IES Sanxillao, Paula Varela, vén de publicar o seu primeiro poemario Tempo líquido. Esta xove poeta comezou a súa singradura hai anos, de feito xa acadou o 3º premio de poesía do certame literario Minerva no 2019.

Nestes días pasados fixo a presentación no centro e ademais deixou asinados varios exemplares para a nosa comunidade educativa.

Esperamos que esta sexa o comezo dunha prometedora carreira literaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut