Taboleiro

María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

 

A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .

 

 

María González Carvajal coa profesora Sara Buide

A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios

Os alumnos de FP Básica participan no Galicia Skills

 

  

  

 

                                               

Os alumnos de FP Básica do  IES San Rosendo de Mondoñedo participan, facendo unha demostración da súa especialidade de florería, no Galicia Skills, un certame que se desenvolve entre o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda unha centea de estudantes de Formación Profesional de corenta centros de Galicia medirán as súas habilidades e coñecementos.

Para ver a entrega de premios: https://youtu.be/hqVN1_PdTm0

 

A nova na Voz de Galicia

A nova no Faro de Vigo

 

A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia

 

 

 

A raiña Letizia presidirá no IES San Rosendo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017.

A raiña Letizia presidirá en Mondoñedo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017. O acto de apertura do curso de Formación Profesional celebrarase no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) San Rosendo, a partir das 11:30 horas.

Además da Raiña, está prevista a participación no acto protocolario do ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Exposición de fotografías de Pablo Couto Andrés

    Pablo Couto Andrés, alumno de 2º do Ciclo Superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que está  a realizar nos corredores do noso centro. Aquí tedes unha mostra da súa magnífica obra.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

Cursos gratuitos preparatorios dos celga 1, 2, 3 e 4.

Documentos COVID - IES San Rosendo 2020-21

Dacordo aos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID 19, presentamos os seguintes documentos desde o noso centro:

DECLARACIÓN RESPONSABLE (COMPROMISO COVID 19 POR  PARTE DAS FAMILIAS)

Distribuir contido