Taboleiro

O alumno de 2º de ESO André Martinho Outeiro Pérez seleccionado para o proxecto ESTALMAT

estalmat_galicia1

 

O alumno de 2º de ESO André Martinho Outeiro Pérez foi seleccionado para participar no proxecto ESTALMAT-Galicia 2022 (Proxecto para o Estímulo do Talento en Matemáticas en estudantes de 12 e 13 anos na Comunidade Autóonoma de Galicia).

 

https://www.estalmatgalicia.com/

XORNADA DE ACOLLEMENTO PARA AS PERSOAS MATRICULADAS NAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP (LOE)


A xornada de acollemento terá lugar o martes, 7 de xuño ás 11:00 horas nas instalacións de A Granxa.

Aviso importante: 

De acordo coa disposición adicional segunda da ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional: "cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento, os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba."

Os alumnos do IES San Rosendo medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022

Os alumnos da FP Básica do IES San Rosendo Amaro Pérez Crespo e Iván García Pérez, conseguiron a medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasicaskills-alumnado-ganador-2022

Dúas alumnas do IES San Rosendo gañadoras do primeiro e segundo premio de secundaria no concurso de debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso

O concurso de redacción e debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso, xa coñece aos seus premiados. O certame estaba aberto a estudantes de educación primaria e secundaria de toda a provincia de Lugo e contou cun xurado composto pola xefa de cultura da delegación territorial da Xunta, María José Gómez; o director da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Ramón Cabarcos; e o redactor e xornalista do Progreso Javier Rivera.


Na categoría de secundaria resultou gañadora a creación de Paula Castro Castillo, alumna de cuarto de ESO no instituto San Rosendo de Mondoñedo. O segundo posto foi para a estudante de primeiro de ESO Andrea García Díaz, tamén do IES San Rosendo; e o terceiro premio levoulno Yanira Rodríguez Vázquez, que estuda terceiro diso no colexio dos Escolapios de Monforte.

 

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/concurso-progreso-ribeira-sacra-conoce-ganadores/202202051802461556119.html

Distribuir contido