Este venres non tivemos sorte co tempo pero aínda así, na biblio, deu para moito. Estivemos de ensaios para o concurso de relatos e fixemos experimentos de Samaín coas profes de FQ traballando sen descanso. E a partir do MARTES vén a biblio nos recreos para participar no CONCURSO ou para ser PÚBLICO das contadas.
Despois de feita unha selección de libros convidamos ao alumnado a tirar unha foto integrándose na portada. Xa temos un monllo de creacións. Velaquí a exposición montada con algunhas das fotos.