Skip to Content

novas_tecnoloxías

Xaneiro 2022

Eternity de Xosé Monteagudo

        Esta novela, último premio de narrativa breve Repsol,  invítanos “a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibíndose como un inmenso arquivo dixital” (da presentación editorial).
    Dalmao, un emprendedor licenciado universitario, funda Eternity: un lugar en internet para conservar a memoria virtual dos mortos; para manter, da man das novas tecnoloxías, indelebles e perennes as pegadas daqueles que marcharon na barca de Caronte. Socios nesta empresa son  Larisa, Daniel e Héitor, outros tres enxeñeiros informáticos necesitados de alguén que domine varias linguas e saiba redactar: ese alguén é a protagonista desta novela; a esta escritora e tradutora as historias das vidas dos demais van levala a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia.
    
… A eternidade xa non é o que era. Esta é a idea en que acreditamos firmemente todos nós…
o proxecto que se dispoñían a iniciar consistía nunha aplicación informática que levaban meses deseñando entre os catro. Algo así coma un cemiterio virtual cuxos confíns eran a propia humanidade. Nel, os familiares dos que falecían poderían depositar a historia do finado, á disposición de todo o mundo, para que a súa memoria non se perdese...
    A historia dos falecidos sería depositada na aplicación informática por algún dos seus seres queridos... xunto co certificado de defunción ou cunha necrolóxica que demostrase a morte. A súa extensión estaría dentro duns límites prefixados. Desde o intre en que o supervivente aceptase as condicións de uso, a historia pasaría a integrarse na aplicación, á disposición de todos os usuarios rexistrados. Por suposto, debería terse en conta a carencia ou a limitación nas aptitudes para contar a historia do finado por parte dos que o apreciaban. Iso requiría conxugar a vontade de perpetuar a memoria do falecido coas esixencias mínimas que había de cumprir a narración. Era o primeiro aspecto onde se precisaba o meu traballo. A min corresponderíame a corrección lingüística e de estilo das historias que recibísemos.
... miña nai semellaba cada vez máis interesada en que lle contase cousas de miña situación actual. Eu non quería crear nela unha expectativa profesional sobre o futuro que o tempo se encargase de frustrar do modo máis desapiadado, como ocorrera cos meus anteriores proxectos e traballos, pero tampouco desexaba darlle a imaxe de que non tiña nada concreto en perspectiva, así que lle falei de Eternity. Díxenlle que era unha oferta que me fixeran e que estaba a considerar. Cando lle contei as características principais do proxecto, sen concederlle maior importancia, comezou a interesarse. Entón non tiven máis remedio que explicarlle máis polo miúdo en que consistía, confesándolle todo o que me contaran Dalmao e máis os seus compañeiros. Conforme lle describía o proxecto, fun consciente de que as miñas palabras adquirían un ton levemente entusiasta. Despois de media hora falando daquel asunto, preguntoume por que non aceptaba a oferta. Díxenlle que non me ofrecía moita confianza e que non lle vía demasiado futuro. Miña nai preguntoume entón se era máis atraente o futuro que me deparaba o tipo de traballos que estaba facendo desde que rematara o posgraduado. Non sei o que lle contestei a iso, pero recordo perfectamente que a súa pregunta representou o punto inicial do camiño que me levou a considerar o proxecto de Eternity con outros ollos.
... intentei variar o máis posible as historias, con mortes en idades avanzadas e prematuras, con relatos procedentes de fillas, netos ou sobriños que sentían grande aprecio polo familiar finado, con persoas de diferente condición económica,social e profesional. A única prevención que tomei foi a de situar as súas vidas na cidade, onde calquera nome se pode inserir sen risco de que a falsidade quede ao descuberto, contrastando a lectura cos coñecementos veciñais de quen le...

Maio 2018

Ninguén

de

Fran Alonso

   Nesta obra preséntanse varias historias e personaxes que tratan sobre a convivencia dunha comunidade de veciños e o uso das tecnoloxías como formas de relación. Velaquí algunhas delas: alonsoSara,  farta da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado por mor dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre os hoax, esas falsas cadeas que se envían a través do correo electrónico...
   
    Había outra cousa que lle  molestaba moito das reunións: sempre baixaban os homes. De dez ou doce persoas que lograban reunir as convocatorias da comunidade (dun total de corenta vivendas) non había máis de unha ou dúas mulleres. Como moito, tres. Ás  veces, ningunha. A propia Sara e a do noveno eran as únicas que representaban sistematicamente a propiedade da súa vivenda.
    Cun xesto desafiante, cravou fixamente a pupila na imaxe reflectida no espello do ascensor.ninguén Indignábaa que nunha cidade como aquela aínda fose maiormente ás mulleres ás que se lles encomendaba a tarefa de deitar os nenos e facer a cea (que eles posiblemente non probasen, dadas as horas en que regresaban da reunión)
    Entre a veciñanza habitaba todo tipo de personaxes e as xuntanzas da Comunidade eran o seu mellor retrato. Sara  tiñaos ben catados e clasificados. En todos os lugares onde vivira sucedía o mesmo. Nunca fallaban, por exemplo, os que non pagaban as cotas comunitarias (que en consecuencia tampouco facían acto de presencia nas reunións, por se as moscas). Era o caso do lindante da súa parede, o do lado. E a causa non parecía estar nos problemas económicos ou, cando menos, non era iso o que transmitían os dous luxosos coches e máis a moto que aparcaban no garaxe. Tamén é certo que, cada vez máis xente, vive moi por enriba das súas posibilidades, a base de créditos constantes e interminables. E non conviña esquecer os que facían dos coches un signo de aparencia, mercando marcas e modelos desproporcionados cos seus soldos. Así nunca daban chegado a fin de mes. Logo tamén estaba o que ameazaba incansablemente con ir ao xulgado a denunciar o can do terceiro, que ladraba e ladraba toda a noite. A Sara non lle molestaba demasiado, pero nos pisos próximos debía amolar moito. Ao dono do animal non había quen o fixese entrar en razón: retrucaba que tiña todo o dereito do mundo a ter can na casa e que el non podía impedirlle que ladrase porque era….

Podes ler o primeiro capítulo se premes aquí.
   

Maio 2018

Ninguén

de

Fran Alonso

   Nesta obra preséntanse varias historias e personaxes que tratan sobre a convivencia dunha alonsocomunidade de veciños e o uso das tecnoloxías como formas de relación. Velaquí algunhas delas: Sara,  farta da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado por mor dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre os hoax, esas falsas cadeas que se envían a través do correo electrónico...
   
    Había outra cousa que lle  molestaba moito das reunións: sempre baixaban os homes. De dez ou doce persoas que lograban reunir as convocatorias da comunidade (dun total de corenta vivendas) non había máis de unha ou dúas mulleres. Como moito, tres. Ás  veces, ningunha. A propia Sara e a do noveno eran as únicas que representaban sistematicamente a propiedade da súa vivenda.ninguén
    Cun xesto desafiante, cravou fixamente a pupila na imaxe reflectida no espello do ascensor. Indignábaa que nunha cidade como aquela aínda fose maiormente ás mulleres ás que se lles encomendaba a tarefa de deitar os nenos e facer a cea (que eles posiblemente non probasen, dadas as horas en que regresaban da reunión)
    Entre a veciñanza habitaba todo tipo de personaxes e as xuntanzas da Comunidade eran o seu mellor retrato. Sara  tiñaos ben catados e clasificados. En todos os lugares onde vivira sucedía o mesmo. Nunca fallaban, por exemplo, os que non pagaban as cotas comunitarias (que en consecuencia tampouco facían acto de presencia nas reunións, por se as moscas). Era o caso do lindante da súa parede, o do lado. E a causa non parecía estar nos problemas económicos ou, cando menos, non era iso o que transmitían os dous luxosos coches e máis a moto que aparcaban no garaxe. Tamén é certo que, cada vez máis xente, vive moi por enriba das súas posibilidades, a base de créditos constantes e interminables. E non conviña esquecer os que facían dos coches un signo de aparencia, mercando marcas e modelos desproporcionados cos seus soldos. Así nunca daban chegado a fin de mes. Logo tamén estaba o que ameazaba incansablemente con ir ao xulgado a denunciar o can do terceiro, que ladraba e ladraba toda a noite. A Sara non lle molestaba demasiado, pero nos pisos próximos debía amolar moito. Ao dono do animal non había quen o fixese entrar en razón: retrucaba que tiña todo o dereito do mundo a ter can na casa e que el non podía impedirlle que ladrase porque era….

Se queres ler o primeiro capítulo preme aquí
  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut