Skip to Content

educación

Setembro 2023

Para este comezo de curso presentamos dous poemas: o primeiro, atribuído a Gabriel Celaya, ten como autor a Fermín Gainza (frade, educador e poeta chileno, 1920-2011); o segundo, reinterpretación do anterior, pertence a José Fernando Calderero (doctor en Filosofía e Ciencias da Educación, profesor de Teoría e Práctica da Investigación Educativa e director do Seminario Internacional de Educación Personalizada).

EDUCAR ES LO MISMO...

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca.
Hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino,
un poco de pirata,
un poco de poeta
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco -ese niño-
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.

Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos
seguirá nuestra bandera enarbolada.

GAINZA, Fermín, Casi puro rezo, Editorial Stella, Buenos Aires, 1982, páx. 182

 

 

 

 

 

 

https://bibliopeque.wordpress.com/el-hno-fermin-gainza-autor-del-inspirado-poema-educar/

 

EDUCAR NO ES LO MISMO…

Educar no es lo mismo
que poner un motor a una barca.
No hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.


Hay que acercarse de puntillas
al niño, al joven, al adulto,
a quien se quiere ayudar
a que descubra su motor,
su combustible y su rumbo.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de científico
un poco de poeta…
y un mucho de humildad y… Amor


No hay que esperar
a recibir la recompensa;
se crece ayudando a crecer. …

Es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.


Soñar que ese navío
llevará su propia carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.


Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
habrá barcos nuevos con…
nuevas banderas enarboladas.

 

 

 

 

 

 

https://jfcalderero.wordpress.com/2020/05/28/educar-no-es/

 

 

Data: 
Lun, 11/09/2023 - 07:03

Malala ou a loita pacífica a prol do dereito á educación

MALALA OU A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN

 malalaMalala Yousafzai, nada o 12 de xullo de 1997 en Paquistán, é unha activista a prol da educación feminina e os dereitos das mulleres no seu país e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.
Filla dun poeta dono dunha rede de escolas na súa rexión, ao noroeste de Paquistán, Malala foi educada polo seu pai desde pequena, nun país no que a influencia dos talibáns medrou ao mesmo tempo que ela.
Cando contaba once anos de idade, a vida de Malala, a súa familia e os seus veciños transcorría baixo a prohibición talibán da televisión ou da música. As mulleres e nenas dificilmente podían saír soas da casa, ir ao médico e moito menos ir á escola. Malala decide contar todo isto nun blogue da BBC, a televisión pública do Reino Unido.
O verán seguinte, o New York Times fai unha reportaxe sobre a súa vida, mostrando como o exército paquistaní intervén na rexión. Malala cada vez é máis coñecida e recoñecida, dando entrevistas nos xornais e na televisión, e nomeada para o Premio da Paz Internacional da Infancia polo activista surafricano Desmond Tutu.lapis
Na tarde do 9 de outubro de 2012, Malala subiu ao bus escolar. Pouco despois faino un home armado que chama por ela e dispáralle tres veces, dándolle no lado esquerdo da malala2fronte e atravesándolle a cara. Logo de estar durante días en estado crítico, a súa saúde mellora o suficiente como para poder ser trasladada a un hospital do Reino Unido, onde logra recuperarse tras unha rehabilitación intensiva.
En 2014, Malala é galardoada co Premio “Nenos do Mundo”, premio que agora leva o seu nome, e ese mesmo ano gañou o Premio Nobel da Paz, compartido con Kailash Satyarthi, pola súa loita contra a supresión dos dereitos de todos os nenos e xoves á educación.
Hoxe en día, o réxime talibán reiterou a súa intención de acabar coa vida de Malala e do seu pai, Ziauddin Yousafzai.

Distribuir contido


by Dr. Radut