Os alumnos de 4º da ESO, guiados pola súa profesora de Plástica, elaboraron estas magníficas portadas que podemos contemplar nestes días finais de curso, tempo de recollida de notas e de matrícula cara ao vindeiro ano académico.
Xa temos as portadas, o continente, faltan os contidos mais seguro que entre o noso alumnado hai escritores que saberán encher de contidos esas ou outras portadas: unhas, como as gañadoras do noso X Concurso San Valentín, xa o fan; tal vez outros hoxe sexan escritores en potencia pero nun futuro máis ou menos próximo pasarán ao acto creativo.