Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

O luns 25 de abril publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través da aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Máis información nesta ligazón.

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar as DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Segundo este documento, o uso de máscara será, a partir de agora, únicamente obrigatorio no transporte escolar (excepto para persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara). No centro educativo a súa utilización é recomendable para o persoal docente e para o alumnado. Para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos é especialmente recomendable o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas.

Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección como a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS PARA O CURSO 2022-23

O venres 22 de abril publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2022-23 no IES San Paio Dita lista poderase consultar físicamente no taboleiro da secretaría do centro, no horario de apertura (de 8.00 a 14.45 e de 16.00 a 21.45). Tamén se poderá coñecer o estado da solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, en cuxo caso é necesario o certificado dixital ou chave365.

O prazo de reclamación é de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, polo que se poderán presentar reclamacións ata o luns 2 de maio (incluido). 

 

O IES San Paio, seleccionado para probas PISA

 

O noso centro foi un dos 58 seleccionados en Galicia pola OCDE para formar parte da mostra do estudo principal PISA 2022. Trátase dun programa que avalía os resultados educativos do alumnado de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias, ademais de noutras áreas como a competencia financeira ou o pensamento creativo.

Poden consultar a nosa carta ás familias premendo nesta ligazón.

Sobre as probas PISA no noso centro:

  • Cando? Terán lugar neste mes de abril, ao longo dunha mañá.
  • Quen? Participarán 42 alumnos/as escollidos aleatoriamente de entre os nacidos en 2006. Non saberemos quen serán eses alumnos/as ata o mesmo día da proba.
  • Como? A proba será en galego e realízase con ordenador aportado pola organización, cunha proba cognitiva de lectura, ciencias, matemáticas e unha área innovadora, que este ano será o pensamento creativo, e un cuestionario de contexto.
  • Canto? Durará case toda a mañá, desde as 8.45 h ata as 13.30, aproximadamente, e con descansos propios que, pola particular estrutura organizativa da proba, non coincidirán cos nosos recreos.
  • Preparación? As probas PISA non se deben preparar, pero si é bo coñecer de antemán que tipo de exercicios contén. Pódense consultar exemplos de probas liberadas, premendo nesta ligazón.
  • Resultados? A publicación dos primeiros resultados prevese en decembro de 2023, pero non se obteñen resultados por alumno/a nin por centro; obteranse só resultados xerais a nivel Galicia, resto de comunidades, países participantes e a media da OCDE.

 

Adaptación dos criterios de avaliación, promoción, titulación e matrículas de honra 2021-22

 

A Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación, obriga aos centros docentes a adaptar as concrecións curriculares para que garantan os criterios xerais establecidos pola normativa vixente para a avaliación e, de ser o caso, a promoción, titulación e outorgamento das matrículas de honra.

Ademais da ligazón á Orde, publícase, para coñecemento de alumnado e familias, o documento de adaptación da concreción curricular do centro, así como uns resumos que recollen, de maneira resumida e máis esquemática, as principais novidades tanto na ESO como no Bacharelato.

Conforme á Orde, estas novidades foron igualmente achegadas ás familias de todo o alumnado do centro, a través de mensaxería Abalar, o martes 5 de abril de 2022.

9ª CONVOCATORIA BECAS EUROLINGUA

 

Lanzada a 9ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluido.

O prazo de solicitude remata ás 23:59 do 13 de abril de 2022.

Máis información aquí.

RECOMENDACIÓNS COVID

 

O pasado 01 de abril publicouse unha nova comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a Nova Estratexia e Control do SARS-COV-2 na Etapa de Transición en Galicia no Ámbito Educativo, que se pode consultar na seguinte ligazón.

Segundo este documento, e de acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia, recoméndase:

  1. Chamar ao teléfono COVID 886 54 00 45 para comunicar a situación persoal e recibir instrucións.
  2. Avisar ao Equipo COVID do centro chamando ao 886 110 762 ou enviando un correo electrónico a ies.sanpaio@edu.xunta.gal
  3. Actuar como ante unha gripe común e, aínda que sexa unha opción e non unha obriga, illarse e seguir as clases dende a casa ata a desaparición dos síntomas.

FIN DA RECOMENDACIÓN DE USO DE MÁSCARAS EN EXTERIOR

 

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola COVID-19, vén de acordar na súa xuntanza do 17 de marzo, deixar de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

Máis información na seguinte ligazón.

Axuda Ucraína

Se queres prestar axuda (ofrecendo vivenda, traballo, mateirais, etc.), podes descargar este documento e envialo ao enderezo ucraina@tui.gal ou entregalo en papel no Servicio Sociocomunitario de Tui, nos Servicios de Formación e Emprego e nos Servicios Sociais.

 

CONCURSO DE PODCAST: Amor na Literatura.

Xa podedes escoitar os podcast que participan no Concurso:

Distribuir contido


by Dr. Radut