O noso logo
Presentándonos
Benvid@s ao noso espazo. Somos a biblioteca dun centro que, con interrupcións, ten máis de cento cincuenta anos de historia. Nos últimos cursos emprendemos un proceso de posta en valor para converternos nun dos piares fundamentais do instituto. Incrementamos os fondos, aumentamos en progresión xeométrica o número de préstamos e consultas, ampliamos o horario de apertura, constituímos nove grupos de traballo distintos encamiñados a dinamizar e modernizar a biblioteca e as prácticas lectoras, formamos dous club de lectura, somos motores do proxecto lector de centro... No ano 2008-2009 quedamos integrados no PLAMBE o que permite beneficiarnos de maiores recursos e das experiencias que tantas bibliotecas escolares de vangarda ofrecen de xeito altruísta. Cómpre continuar por este camiño e para iso necesitamos de tod@s e contamos con tod@s. A vida da biblioteca dependerá dos folgos que tod@s queiramos darlle. Adiante compañeir@s e grazas a tod@s!.
Xuntos podemos.