Skip to Content

SÓCRATES EN TUI

No inicio da primavera anunciamos o proxecto dunha comisión cidadá para reinstalar nun xardín de Tui o busto de Sócrates que no fatídico verán de 1936 fora botado ás augas do Miño. Naquela escultura colaboraron os alumnos do instituto dirixidos polo inesquecible profesor Benito Prieto. Tamén agora o alumnado do IES “San Paio”, dirixido polo departamento de educación plástica e polo escultor Rosendo, participou nos traballos. Primeiro modelaron o busto socrático.

Nestes días pódese ver, na entrada do centro, a colección de cabezas socráticas feitas polos alumnos:


 
 
que tamén traballaron acompañados dos seus profesores, de xeito simbólico no propio taller do artista, a escultura pétrea:
 
 
 

 

A primavera rematou e o próximo sábado, 26 de xuño, ás 8 do serán, no 119 aniversario dos Xogos Florais celebrados en Tui, inauguraremos o novo busto socrático, nun acto no que a música será a gran protagonista.


Tui, recuperando este busto, reafirma o seu compromiso coa concordia e a liberdade. Sen odio, sen rancor pecharemos unha páxina de incomprensións e abriremos outra chea de  ilusións e ledicia.


Grazas a cantos, de múltiples maneiras, fixeron realidade o soño:

o próximo sábado Sócrates, 74 anos despois, volve a Tui; gustaríanos contar con todos vos nesta data histórica por partida dobre.

Os camiños de Sócrates, de Benito Prieto, dos alumnos do vello e do actual instituto, de tod@s converxen en Tui


 



page | by Dr. Radut