Xuño 2010
O mar é noso
de Alicia Borrás
O dono da praia chamábase don Bieito. Era un home calvo e redondo que fumaba coma unha cheminea e vixiaba cada día do verán, apoiado nun muro de pedra, a súa posesión máis importante: a praia da morea.
Eu tíñalle moito respecto e máis cando chamaba por mín para que vixiase que ningún neno xogase co cano dunha mina que saía directamente do seu muro. Esa auga non é potable Xoán -dicía cunha voz de fumador- e polo tanto excusades de xogar con ela, xa tedes bastantes cousas para entretervos. Eu defendía o cano con moito rebumbio, xa me parecía moito que aquel home importante nos deixase xogar na súa praia ata ben entrada a noite. -A praia non é del -dicía a miña curmá Rosalía que era lareta de máis para o meu gusto...
Libro de fácil lectura da escritora e actriz de dobraxe Alicia Borrás, composto dunha ducia de relatos curtos moi axeitados para contar.
|
|