Abril 2010
Xenaro e o misterio da mochila verde
de Mar Guerra
Resulta que levaba almacenando obxectos na mochila verde desde moito antes de chegar ao Universal. A colección resultaba impresionante. Atopáronlle moreas de cousas raras: trastes, xoguetes, caixas, plásticos, pezas de roupa… Dentro do saco verde había un pouco de todo, incluídas varias bolsas de pipas e garapiñadas. Iso si, cousas de escaso valor, ou rotas ou inservibles; bagatelas, trangalladas.
|
|
Un rapaz andaluz, Antonio, chega novo ao colexio onde estuda Xenaro Conese Maiúsculo e leva sempre unha gran mochila verde ás costas. Esa mochila desperta a curiosidade de Xenaro e dos seus amigos que fan de detectives para resolver, entre outros, o misterio da mochila verde.
|