Skip to Content

Febreiro 2010

 Isha, nacida do corazón  
 de
Fina Casalderrey
 
 “—Marta díxome que como ías ser ti miña nai, se es branca e eu son negra. “Ti non tes nai”, espetoume diante de todo o mundo. (...)
—Non podes chamarte Isha, con hache —dixéralle unha compañeira da escola, hai xa máis de cinco anos—. Terás que chamarte Isa, de Isabel.
  —Eu son Isha porque nacín na India —explicara convencida. (...)
  —Si, son adoptada. (...)
  — ...eu nacín do corazón de miña nai...”   

 Isha está desacougada polos comentarios dos seus compañeiros. Ela, unha nena india adoptada, sabe do amor que lle teñen os seus pais... e coñece a historia da súa vida, unha historia máxica e fantástica ambientada na India...

 
 Da mesma autora tamén podedes atopar na Biblioteca:

•    Ás de mosca para Anxo
•    ¡Asústate, Merche!
•    Dúas bágoas por Máquina
•    A lagoa das nenas mudas
•    A máscara de palma
•    O misterio dos fillos da Lúa    
•    Mutacións xenéticas
•    A pomba e o degolado
•    ¡Prohibido casar, papá!
•    ¿Sobrevives?
•    Tres pegadas

 


page | by Dr. Radut