Día da Tradución, Xerome de Estridón e Florencio Delgado Gurriarán
Todos os 30 de setembro celebramos o Día Internacional da Tradución, declarado pola Asemblea Xeral da ONU nunha resolución de 24 de maio de 2017 e promovido pola FIT (Federación Internacional da Tradución) dende a súa creación en 1953.
Con esta celebración búscase recoñecer o moi importante papel dos tradutores na comunicación e transmisión do coñecemento entre as distintas culturas nun mundo globalizado.
A data elixida coincide coa festividade católica de Xerome de Estridón (IV-V p. C.), tradutor dos textos orixinais bíblicos (en grego, hebreo e arameo) ao latín, responsable da chamada vulgata, texto bíblico oficial da igrexa católica ata o ano 1979.
Esta tamén é unha boa data para lembrar o labor como tradutor de Florencio Delgado Gurriarán, autor das Letras Galegas 2022. A mediados do pasado século saía do prelo a obra Poesía inglesa e francesa vertida ao galego, premiada en 1946 pola Federación de Sociedades Galegas da Arxentina, da que comparte autoría con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández:
..aínda que se trata da tradución de poemas ingleses e franceses, están “recreados” de tal xeito e adquiren unha expresión e un sentimento tan xenuinamente vernáculos, que pode dicirse que veñen a enriquecer o caudal da poesía galega... non fixeron unha simple tradución ou transcrición... a súa obra é de auténticos poetas... No que se refire ao valor poético deste libro, estimámolo moi superior a calquera intento de tradución das mesmas poesías ao castelán. A tradución lírica do galego, interrompida por séculos e reiniciada na pasada centuria, xustifica esa superioridade...
(Galicia, nº 1105, 12 abril 1950; in PÉREZ, Tania e CAMPOS, Xosé Ramón, Florencio Delgado Gurriarán. Nosa Galicia é máis que toda a Terra, Ir Indo, Vigo, 2022, pp. 66-7)
Unha mostra do dito témolo neste poema de Verlaine:
Orixinal Il pleut doucement sur la ville (ARTHUR RIMBAUD) Il pleure dans mon coeur |
Tradución Il pleut doucement sur la ville (ARTHUR RIMBAUD)
|
Poesía inglesa e francesa vertida ao galego por Plácido Castro, Lois Tobío, F. M. Delgado Gurriarán, Galaxia, Vigo, 2005, pp. 172-3.
E se queres ler traducións ao galego de obras da literatura universal consulta o catálogo de Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego) na páxina da ATG (asociación de tradutores galegos): http://tradutoresgalegos.com/bivir.html
Feliz día da Tradución!