Skip to Content

Abril 2016

¿A que altura está o ceo?

de

Jorge Mira

jorge mira

O científico e divulgador Jorge Mira, a enxeñeira e escritora María Canosa e  o ilustrador Dani Padrón ofrécenos unha obra breve que populariza, en galego, contidos científicos dunha maneira accesible e suxestiva. Un libro  imprescindible para as persoas afeccionadas á ciencia e para ás que gustan de formularse algunhas preguntas ás que nunca atoparon resposta, ou talvez nunca deron con algunha que puidesen entender dun xeito claro e directo. Todo un percorrido que vai desde as reflexións sobre a ciencia e o universo xa formuladas polos gregos até as achegas máis actuais.
Despois desta lectura poderás ter resposta a preguntas como por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?, como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?, como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?, cal é a idade do universo?, o seu tamaño?, que quere dicir que o universo se expande e a que velocidade o fai...

Unha mostra:  

     (...) Se o universo leva existindo 13.800 millóns de anos, iso quere dicir, en principio,portada libro que o punto máis afastado que podemos ver é aquel que nos mandou a súa luz hai 13.800 millóns de anos.
    En 13.800 millóns de anos, a luz andou 13.800 millóns de anos luz, co cal poderiamos pensar que o punto máis afastado que poderiamos ver, o teito último do ceo, estaría a esa distancia, ¿non?
    Pois non. E é que hai truco...
   Recordemos o que descubrira o cura analizando as ecuacións da relatividade de Einstein: que o universo se expande... porque o espazo-tempo no que o universo está pintado se expande. Iso quere dicir que o punto que emitiu a luz máis antiga que agora nos chega, tivo moito tempo para afastarse de nós logo de emitirnos esa luz.
    Ou sexa, ao tempo que a luz vén cara á Terra, o punto que a emitiu vaise afastando. O balance final resulta en que ese punto se afastou unhas tres veces máis que a distancia que tería percorrido a luz se o punto estivese quedo. Volvendo ao símil do globo que infla, imaxinemos unha formiga correndo por riba del a 1 centímetro por segundo. Como o plástico do globo debaixo das súas patas se vai expandindo, o efecto final é como se a formiga fose máis rápido, ¡aínda que ela xure que non foi a maior velocidade! Á luz pásalle algo análogo no espazo-tempo.
    En concreto, o punto que emitiu esa luz hai 13.800 millóns de anos, estará agora a uns... 

   


page | by Dr. Radut