O terceiro luns de outubro celebraremos unha nova edición do Día das Escritoras. Unha data acaída para lembrar e reivindicar a escrita feminina e plural, tantas veces e en tantas circunstancias, obliterada ou esquecida.
Nesta sétima edición o lema escollido "Antes, durante e despois das guerras" é, en palabras de Ana Santos, directora da Biblioteca Nacional “unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron [as escritoras] en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”
Elas escribiron a guerra, como -un exemplo- a polaca Wisława Szymborska:
Fin e principioDespois de cada guerraalguén ten que limpar.Non se van a ordenar soas as cousas,digo eu.Alguén debe botar os entullosá gabiapara que poidan pasaros carros cheos de cadáveres.Alguén debe meterseentre o barro, as cinzas,os resortes dos sofás,as achas de cristale os trapos sanguentos.Alguén ten que arrastrar unha vigapara apontoar un muro,alguén poñer un vidro na xanelae a porta nos seus gonzos.Iso de fotoxénico ten poucoe require anos.Todas as cámaras fóronse xaa outra guerra.A reconstruír pontese estacións de novo.As mangas quedarán feitas farraposde tanto arremangarse.Alguén coa escoba nas manslembrará aínda como foi.Alguén escoitaráasentindo coa cabeza no seu sitio.Pero ao seu arredorempezará a haber algúnsa quen amole.Aínda haberá quen ás vecesatope entre malas herbasargumentos mordidos pola ferruxe,e os leve á morea do lixo.Aqueles que sabíande que ía aquí a cousaterán que deixar o seu lugaraos que saben pouco.E menos que pouco.E mesmo practicamente nada.Na herba que cubracausas e consecuenciasseguro que haberá alguén tombado,cunha espiga entre os dentes,mirando as nubes.
(in SZYMBORSKA, Wisława, El gran número. Fin y principio y otros poemas, Hiperión, Madrid, 1998, p. 156-157)
Nós lemos a guerra e tamén podemos facer esa lectura a partir das dúas escolmas que nos facilitan desde o blog das bibliotecas escolares de Galicia, accede premendo aquí.