Novela que amosa unha atmosfera rural asfixiante, sen escrúpulos, onde o alcoholismo, a violencia, a corrupción e a escaseza de horizontes vitais; aínda que con doses de humor e ironía, golpean a conciencia do lector. “Unha especie de remedo do far west” (Xosé M. Eyré) Deserto García é unha reflexión sobre a soidade do ser humano, unha soidade buscada, o desexo de esquecer o pasado, ser independente e resolutivo.
Desiderio García, garda civil prexubilado, vai vivir a aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. O seu obxectivo é vivir nunha especie de retiro voluntario, afastándose de todo o que foi a súa vida ata o momento. Máis a súa presenza non será ben recibida e mesmo á súa vida estará ameazada.
Era aquel un lugar perdido, unha folla arrincada da axenda dalgún inspector de sanidade. O ambiente era opaco e abafante, cheo de fume que ignoraba prohibicións e leis...
Isidro Maceira, o xefe de cerimonias, amestráraos co paso das décadas nunha especie de síndrome de Estocolmo, convencéndoos incluso de que el era o Señor do Ás de Ouros nas partidas de cartas. Incluso inventaba asa regras dependendo dosa intereses das mans e conseguindo que ninguén puxese en dúbida as súas artes...
-A ver se prestas atención, carallo -pasando o trapo. Que andas apampado.
O obxecto da regueifa era un homiño bébedo que envorcara a cervexa por riba da barra que xa pingaba en regatos cara ao chan. Era un rapaz novo avellentado polo alcol que dende había tempo perdera a noción dos puntos cardinais, sobre todo o norte. Chamábanlle “o fillo do Sancristán”.
-O rapaz paga, Maceira! -retrucou o Abundio, un home viúvo que diariamente facía naquel sitio a conta atrás do seu tempo de vida.
-Que carallo ten iso que ver? bramou Isidro Maceira-. Non hai un prezo fixado para vir aquí tocarme os collóns a todas horas.
-Hai máis bares, Maceira...-engadiu o Abundio, desafiante.
-Ai, si? Levas razón. En toda a comarca de Élide mal será que non atopedes outro. Anda a rozar as coxas por ahí adiante! -berrou.
-Ben sei que nos arredores de Loirás es o único, pero o trato non é bo... -explicou o Abundio.
-Mira, Abundio, teño oitenta anos e levo tempo aturándovos. Ben sabe Deus que se sigo acá é porque non sei facer outra cousa os xogadores de cartas baixaron máis o volume para escoitar mellor o monólogo-. Non me cómpre para nada o voso diñeiro, por min ídevos foder todos!
-Non te poñas así -acougou o fillo do Sacristán con voz etílica-. Nós querémoste, Maceira.
-Estás bébedo, Sancristán.
Estou algo bébedo pero sei o que digo. Loirás iría para o carallo de non se por homes coma ti, Maceira. Os vellos morren e non...
O traballo do equipo da bibloteca, profesorado e alumnado vese recompensado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia na iniciativa CREAcción para o Día do Libro 2021 seleccionando as nosas actividades e premiándonos cun lote de libros.
O pasado 12 de maio Francisco Brines recibía na súa casa o premio Cervantes 2020. Antonte, oito días despois, o poeta valenciano (sit sibi terra levis) dirixiuse cara á última costa, emprendeu -como nos dixo nun dos seus versos- “a viaxe aquela de todos á néboa”. Hoxe, “como se nada tivera sucedido” (outro verso seu) lembrámolo cos seus poemas (Brines é un dos máximos representantes actuais da elexía) porque o home pasa pero a súa obra permanece:
Mi epitafio
“Como si nada hubiera sucedido” Es este mi resumen y está en él mi epitafio.
Habla mi nada al vivo y él se asoma a un espejo que no refleja a nadie.
Donde muere la muerte, porque en la vida tiene tan sólo su existencia En ese punto oscuro de la nada que nace en el cerebro, cuando se acaba el aire que acariciaba el labio, ahora que la ceniza, como un cielo llagado, penetra en las costillas con silencio y dolor, y un pañuelo mojado por las lágrimas se agita hacia lo negro. Beso tu carne aún tibia.
Fuera del hospital, como si fuera yo, recogido en tus brazos, un niño de pañales mira caer la luz, sonríe, grita, y ya le hechiza el mundo, que habrá de abandonarle. Madre, devuélveme mi beso.
Había una barcaza, con personajes torvos, en la orilla dispuesta. La noche de la tierra, sepultada. Y más allá aquel barco, de luces mortecinas, en donde se apiñaba, con fervor, aunque triste, un gentío enlutado. Enfrente, aquella bruma cerrada bajo un cielo sin firmamento ya. Y una barca esperando, y otras varadas.
Llegábamos exhaustos, con la carne tirante, algo seca. Un aire inmóvil, con flecos de humedad, flotaba en el lugar. Todo estaba dispuesto. La niebla, aún más cerrada, exigía partir. Yo tenía los ojos velados por las lágrimas. Dispusimos los remos desgastados y como esclavos, mudos, empujamos aquellas aguas negras.
Mi madre me miraba, muy fija, desde el barco en el viaje aquel de todos a la niebla.
Epitafio romano
«No fui nada, y ahora nada soy. Pero tú, que aún existes, bebe, goza de la vida..., y luego ven.» Eres un buen amigo. Ya sé que hablas en serio, porque la amable piedra la dictaste con vida: no es tuyo el privilegio, ni de nadie, poder decir si es bueno o malo llegar ahí. Quien lea, debe saber que el tuyo también es mi epitafio. Valgan tópicas frases por tópicas cenizas.
O 17 de maio é tamén o Día Internacional contra a discriminación pola identidade sexual e a discriminación de xénero. En tal día do ano 1990 a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de doenzas mentais. Aínda así son bastantes os países que hoxe en día seguen a penalizar nas súas leis a homosexualidade, a transexualidade, a bisexualidade ou o lesbianismo, estabelecendo penas que poden chegar á cadea perpetua ou á morte.
Pero incluso nas sociedades de carácter máis aberto e tolerante está a observarse unha repunta no cómputo das discriminacións e agresións a todos estes colectivos con preferencias sexuais diferentes das consideradas convencionais. Determinadas ideoloxías e organizacións están dando pábulo a actitudes homófobas e tránsfobas. O lema da campaña deste ano, moi acaido para o actual contexto de pandemia, é “Xuntos: resistindo, apoiando, sandando!" Unha parte da resistencia, do apoio e da curación está alicerzada na educación. A educación fainos máis libres e máis tolerantes. Por outra banda os países asinantes da Axenda 2030 farán realidade a premisa de “non deixar a ninguén atrás” sempre que garantan con efectividade os dereitos dos colectivos LGTBI, só así pasaremos da teoría das declaracións de boas intencións á aplicación de principios como os contemplados nas metas 16.1 e 16.b do obxectivo 16 do desenvolvemento sustentábel: “Reducir de xeito significativo todas as formas de violencia e as correspondentes taxas en mortalidade en todo o mundo” e “promover e aplicar leis e políticas non discriminatorias en favor do desenvolvemento sostible”.
Rematamos cuns versos de Xela Arias, a autora do día das Letras deste ano; ela foi unha das precursoras no tratamento da marxinalidade no mundo da lírica: e dentro dese mundo están a homosexualidade ou a transexualidade reprimidas: “soltar amarras dos músculos tensados baixo os dedos/de calquera tenra man que calme brasas”
Neste maio das Letras xa temos disposto o noso escaparate "Letras Galegas 2021: Xela Arias". Xela escritora, Xela tradutora, Xela nai, Xela e a fotografía, Xela e a música son os cinco epígrafes nos que se divide esta pequena mostra para ilustrar algunhas das diversas xeografías percorridas por "aquela nena de Sarria".
Aproveitando o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (12 de maio de 1921) presentamos Los misterios de Selva, moi recente compilación de dúas novelas da nosa autora: La gota de sangre e a inédita Selva, novelas coas que Pardo Bazán cultiva o xénero policíaco-detectivesco. O protagonista, Ignacio Selva é un detective afeccionado, un enxebre Sherlock Holmes e a súa nai literaria é un precedente de Agatha Christie.
PARDO BAZÁN, Emilia, Los misterios de Selva (edición e prólogo de José María Paz Gago), Ézaro Ediciones, Santiago, 2021, 236 pp.
De Sarria a Vigo pasando por Lugo, Santa Comba, Santiago, Pontevedra, Chapela, Moaña, A Guarda ou Cangas: velaquí algunhas das etapas do periplo xeográfico de Xela e a estes lugares cómpre engadir moitos outros percorridos a través das súas múltiples traducións e recitais porque para ela a poesía non era só palabra escrita, tamén era palabra viva, palabra proclamada, palabra comprometida para mellorar o mundo.
A existencia de Xela foi demasiado breve (aquelas ás que os deuses aman, morren novas) mais os seus camiños foron longos, cheos de aventuras, cheos de experiencias.
Se como dixo outro poeta as nosas vidas son ríos que desaugan no mar, Xela xa é mar pero -Marica Campo dixit- O mar era a palabra e Xela igual que a deusa / xurdíu dunha vieira e pousou o sorriso onde ancorou o tempo.