Alumnado de 2º da ESO está a visitar, nestes días 10 e 11 de novembro, o parque arqueolóxico da cultura castrexa (Lámbrica-San Cibrán de Lás), Ourense (ponte romana, burgas, catedral e roteiro literario: praza Maior, rúas da Paz, Santo Domingo, Lepanto… lembrando a Blanco Amor e a súa Esmorga, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo, Rey Soto, Carlos Casares ou Marcos Valcárcel; e Monforte (Escolapios, pazo de Tor, museo dos ferrocarrís de Galicia, roteiro Manuel María, castelo, pazo do conde de Lemos: mecenas de Góngora, Cervantes..., referencias a Lois Pereiro…). Esta actividade e a segunda edición do “Outono literario” (pola Atenas galega e o Monforte do conde de Lemos e de Manuel María).
Actividade Extraescolar Interdepartamental: Biblioteca e Club Lector, Latín, Grego e Relixión.