Skip to Content

Actividades complementarias

XORNADAS DE ATLETISMO EN PISTA

O domingo, 22 de abril, nas pistas do INEF de Bastiagueiro, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, corresponde ás Zonas de A Coruña e Ferrol e clasificatorias para o Campionato Provincial. Nelas participaron atletas federados de numerosos clubes de atletismo e dalgúns centros escolares da categoría Infantil (nados no 2005 e 2006).

Unha vez celebradas as probas correspondentes á Zona de Santiago e Barbanza, os 16 mellores atletas de cada proba clasificaranse para o Campionato Provincial do 20 de Maio en Ferrol.

 

Polo noso centro participaron:

  • Estela Barbado López: 5ª nos 1000 m.l.,  4ª en Disco e 7ª en Martelo
  • Candela Carro Barros: 8ª nos 500 m.l. e  5ª en Disco
  • Brais Bugallo Santos: 2º na súa serie de 80 m.l e  4º en Lonxitude
  • Ian Agrafojo Roca: 2º na súa serie de 80 m.l e  11ª en Lonxitude (33 participantes)

8 de marzo: DÍA DA MULLER

Porque as mulleres estamos no mundo e facemos mundo, velaí a lista de reprodución do Rego de Trabe para facernos ver:

 

 Resultado de imaxes para dia de mujer 2018

Alumnado gañador do concurso de postais.

Queremos dar as grazas a todo o alumnado participante no concurso de postais e sobre todo aos premiados. Parabéns!

Postal 1 Postal 2

Postal 3

Podes descargar as postais facendo clic na imaxe correspondente.

 

 

Saída extraescolar de fin de curso para os grupos de 2º ESO. Actividades no EumeSUSPENDIDA POR FOLGA DE TRANSPORTE

20/06/2017

O alumnado apuntado a esta saída fará a cambio unha excursión ao Aquapark, en Cerceda (de 10:30 a 19:00 aprox)

Datas das saídas de fin de curso

19 xuño: saída de fin de curso para 1º ESO. Destino: Galipark

20 xuño: saída fin de curso para 2º ESO. Destino: Fraga do Eume. Actividades acuáticas.

19-20 xuño: saída de fin de curso para 3º ESO. Destino: Illas Cíes.

Visita do alcalde ao centro para informar sobre o estado da Ría do Burgo

O martes, 25 de abril, ás 10:30 o IES Rego de Trabe recibiu a visita do alcalde, o Excmo. Sr. D. Julo Sacristán, quen viña acompañado da concelleira de Educación, Dª Carmen Varela Corbelle, e D. Pablo Bouza.

Despois de departir co profesorado, accederon ao salón de actos para levar a cabo o acto organizado polo Departamento de Matemáticas, cuias profesoras se encargaron da preparación e presentación do mesmo.

Pretendíase obter información de primeira man sobre o estado da Ría do Burgo (marisqueo,inversións previstas, tratamento de lodos etc).

O alcalde fixo unha introdución ao tema, e despois respostou ás cuestións que o alumnado que participa na modalidade de "Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia do contrato programa, lle prantexou.

Actividade de Educación Vial: KARTING en Marineda.

O mércores, 26 de abril, os grupos de 2º A e 2º B foron xunto con Rocío García, Lucía Barbeito e Roberto Zuluaga ao karting de Marineda, para desenvolver na práctica a "Educación vial".

Días antes, foran a esta mesma actividade o grupo de 3º e o de 2º C.

Proximamente, estarán dispoñibles as fotos na Galería.

Visita ao castro de Viladonga e á muralla de Lugo

O luns 24 de abril, desde ás 9:20 ata as 18:00 h. o alumnado de 1º tivo a oportunidade de visitar o castro de Viladonga en Lugo e de percorrer a milernaria muralla romana da capital desa provincia.

O tempo estivo moi soleado e caluroso;   a xornada resultou moi fructífera.

Acompañaron os profes: Nati Rama, Matilde Mosquera, Rocío García, Carlos Vera e Roberto Zuloaga.

Proximamente, estarán as fotos desta actividade na Galería.

 

DÍA DO DEPORTE. 7 ABRIL DE 2017

Organizada polos profesores Roberto Zuloaga e Carlos Vera, foi unha xornada na que se xogaron encontros de fútbol, baloncesto, brilé e voleibol cunha alta participación de alumnado.

Rematou con dous partidos (brilé e baloncesto) que enfrontaron deportivamente aos alumnos/as co persoal.

Foi unha boa despedida antes das vacacións de Semana Santa.

Próximamente, estarán as fotos na Galería.

ACTIVIDADES DE ANTROIDO

Podedes ver as fotos na Galería (barra superior da páxina).

Distribuir contido


by Dr. Radut