O martes, 25 de abril, ás 10:30 o IES Rego de Trabe recibiu a visita do alcalde, o Excmo. Sr. D. Julo Sacristán, quen viña acompañado da concelleira de Educación, Dª Carmen Varela Corbelle, e D. Pablo Bouza.
Despois de departir co profesorado, accederon ao salón de actos para levar a cabo o acto organizado polo Departamento de Matemáticas, cuias profesoras se encargaron da preparación e presentación do mesmo.
Pretendíase obter información de primeira man sobre o estado da Ría do Burgo (marisqueo,inversións previstas, tratamento de lodos etc).
O alcalde fixo unha introdución ao tema, e despois respostou ás cuestións que o alumnado que participa na modalidade de "Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia do contrato programa, lle prantexou.
Ao acto asistiu todo o alumnado de 2º de ESO e os alumnos de 1º que están desenvovendo dito programa.
Resultou unha xornada interesante.
Ao finalizar, alcade e os seus acompañantes percorreron o recinto exterior do centro e atenderon ás demandas que lle presentou a Dirección do instituto.
Proximamente, estarán dispoñibles as fotos na Galería.