Skip to Content

Blogues

Versión para impresora

Visita ó castelo de Soutomaior

O mércores 22 de xaneiro, e despois de varios intentos fallidos por causas climatolóxicas, por fin os nosos cativos de 2ºESO poideron visita-lo castelo de Soutomaior. Coñeceron a estrutura arquitectónica do castelo, os xardíns, deixaron conquistado ó persoal do castelo pola súa exquisita actitude. Noraboa, rapaces e rapazas!

Cinema en francés

 

Desafiando ó mal tempo, o alumnado de Francés do Cabanillas arrancou o xoves 14 cara Vigo para asistir á proxección da película Swagger. A actividade estaba enmarcada dentro do Fiestinema, que organiza anualmente a Alianza Francesa.

Concentración diante do Concello polas vítimas do naufraxio do "Sin Querer II"

Unha representación do noso instituto formada por parte do claustro e do alumnado de 2º de Bacharelato acudiu á concentración convocada polo Concello de Cambados este mediodía. Multitude de veciños e persoas solidarizadas coas vítimas desta traxedia e as súas familias, a Alcaldesa de Cambados e o Delegado do Goberno estaban alí mostrando o seu dó por este tráxico accidente.

Mañá venres no noso instituto celebraremos tamén un minuto de silencio ó mediodía diante das nosas instalacións. Cancelamos así mesmo a celebración do festival e concursos previstos para a xornada de fin de trimestre. Agradecemos a colaboración e comprensión que está mostrando toda a nosa comunidade educativa.

 

Naufraxio no Cabo Fisterra

Hoxe compartimos a triste noticia do naufraxio do pesqueiro Sin Querer II, en augas de Fisterra, tripulado por algúns veciños de Cambados entroutros mariñeiros.

Queremos trasladar o noso sentido pésame e consternación por este accidente ás familias dos falecidos e do mariñeiro desaparecido, e dunha maneira especialmente agarimosa ós nosos ex alumnos afectados polo suceso.

O Concello de Cambados decretou tres días de loito oficial, e mañá xoves celebrará unha concentración ó mediodía en sinal de dó polos mariñeiros cambadeses.

https://m.europapress.es/galego/noticia-cambados-decretara-tres-dias-loito-pola-morte-tres-vecinos-desaparicion-doutro-no-naufraxio-20181219222150.html

Magosto no Cabanillas

O pasado venres 16 de novembro celebramos o Magosto no noso instituto. Puidemos desenvolver diversas actividades ó aire libre nunha fermosa mañá solleira. Concursos de fotografía e de repostería, xogos de xadrez e populares, música en directo e, como non, castañas asadas!

No concurso de fotografía coa temática do outono, resultaron gañadoras Olivia Gutiérrez de 2º ESO B, e Stela Ivanova de 2º Bacharelato B, nas súas respectivas categorías, cunhas evocadoras imaxes paisaxísticas.

No concurso de repostería, o alumnado de 4º ESO luciuse cun biscoito de castaña elaborado por Ivana, Alejandro, Nerea e Patricia, que levou o 1º premio. Sofía Espiñeira preparou un brownie, acadando o 2º premio; para o 3º seleccionouse un biscoito glaseado que elaboraron Antía e Itahisa.

O profesor de Xadrez Xurxo coordinou as partidas que se desenvolveron polo patio durante toda a mañá, e os profesores Raúl e Roberto, de Educación Física, os xogos tradicionais celebrados tanto nos patios coma no pavillón; houbo xogos de aros, de petanca etc.

Alumnado de diferentes cursos de ESO e Bacharelato coordinados pola profesora de Música, Almudena, interpretaron algunhas pezas musicais mentras o noso antigo conserxe Graciano e a profesora Esther, entre outros, asaban as castañas. Soaron frautas, gaitas, pandeiretas, guitarras, voces e tambores.

Deixámosvos algunhas imaxes de tan fermosa xornada.

Invitáchesme ó magosto

por ver se me namorabas.

Aínda que ti non me gustas,

gústanme as túas castañas.

 

 Mesas xadrez

 

Castañas

 

 

Gaiteiros

 

Cordas

 

Xurxo

Samaín na Biblioteca

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín na nosa Biblioteca. Fixémolo cunhas emocionantes lecturas por parte dos profesores Antón Fente e Andrea García á luz das candeas e entre as cabaciñas que decoraban os andeis dos libros.

Houbo tamén un concurso de decoración de cabazas, das que podedes ver un pequeno exemplo. E, como non, algunhas larpeiradas para agasallar ós asistentes.

 

Carmen Castro y Mariña Chaves ganadoras beca Amancio Ortega

La Voz de Galicia

Preparándose para la vida en el «high school»

Crecieron juntas y el próximo curso compartirán, también, la aventura de estudiar en Norteamérica

Todavía no acaban de creérselo. 

 ...

Enlace á noticia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2018/02/01/preparandose-vida-high-school/0003_201802A1C12991.htm

 

RAMÓN CABANILLAS NO ERASMUS+

 

INICIO DO PROCESO DE SELECCÓN

DATA LÍMITE: 23/06/2016

(CONDICIONADO Ó INICIO EN OUTUBRO 2016)

 

O IES Ramón Cabanillas participará no Erasmus+

 

“Next Station: Improving Professional Skills in Galicia”

2016-1-ES01-KA102-024869

 

(En fase de tramitación administrativa)

Distribuir contido


by Dr. Radut