Skip to Content

Magosto no Cabanillas

O pasado venres 16 de novembro celebramos o Magosto no noso instituto. Puidemos desenvolver diversas actividades ó aire libre nunha fermosa mañá solleira. Concursos de fotografía e de repostería, xogos de xadrez e populares, música en directo e, como non, castañas asadas!

No concurso de fotografía coa temática do outono, resultaron gañadoras Olivia Gutiérrez de 2º ESO B, e Stela Ivanova de 2º Bacharelato B, nas súas respectivas categorías, cunhas evocadoras imaxes paisaxísticas.

No concurso de repostería, o alumnado de 4º ESO luciuse cun biscoito de castaña elaborado por Ivana, Alejandro, Nerea e Patricia, que levou o 1º premio. Sofía Espiñeira preparou un brownie, acadando o 2º premio; para o 3º seleccionouse un biscoito glaseado que elaboraron Antía e Itahisa.

O profesor de Xadrez Xurxo coordinou as partidas que se desenvolveron polo patio durante toda a mañá, e os profesores Raúl e Roberto, de Educación Física, os xogos tradicionais celebrados tanto nos patios coma no pavillón; houbo xogos de aros, de petanca etc.

Alumnado de diferentes cursos de ESO e Bacharelato coordinados pola profesora de Música, Almudena, interpretaron algunhas pezas musicais mentras o noso antigo conserxe Graciano e a profesora Esther, entre outros, asaban as castañas. Soaron frautas, gaitas, pandeiretas, guitarras, voces e tambores.

Deixámosvos algunhas imaxes de tan fermosa xornada.

Invitáchesme ó magosto

por ver se me namorabas.

Aínda que ti non me gustas,

gústanme as túas castañas.

 

 Mesas xadrez

 

Castañas

 

 

Gaiteiros

 

Cordas

 

Xurxo



blog | by Dr. Radut