Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
10
| 11
all day
Este 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Ten todo o sentido esta celebración, pois un obxectivo como equiparar o traballo de mulleres e homes na ciencia e tecnoloxía aínda non se acadou en pleno século XXI. As alumnas e alumnos da profesora Raquel, de física e química, buscaron e traballaron ao redor desas mulleres esquecidas, expoñendo o seu traballo en colaboración coa Biblioteca. | 12
| 13
| 14
all day
O equipo de alumnas e alumnos de 1ºBac A que participou na XI Olimpiada Xeolóxica en Santiago de Compostela non puido obter mellor resultado, sendo premiados como primeiros na categoría de equipos e na categoría individual. A xincana práctica e a proba teórica foron un éxito, destacando o excelente traballo de Laura Lojo e Laura Pego. É un orgullo para o centro o bo facer destes rapaces. Pero quizais o máis importante é a boa experiencia da que desfrutaron ese día con alumnos doutros centros aprendendo xeoloxía. Para que digan que non é divertida!
all day
O número gañador do sorteo dunha noite no Gran Talasso Hotel de Sanxenxo, e dun circuito spa no mesmo hotel, resultou ser o 4704. O número afortunado correspondeulle a Rosa María Piñeiro, de Aguiño. Ata Ribeira chegan as rapazas e rapaces que van ir a Polonia para conseguir fondos para a súa excursión. Gracias a todo o mundo que colaborou. | 15
| 16
|