Skip to Content

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Xuño 21, 2019 »
Ven

DATAS DE MATRÍCULA, DE 09:30 A 13:30:

DÍA 1 > 1º ESO

DÍA 2> 2º ESO

DÍA 3> 3º ESO

DÍA 6> 4º ESO

DÍA 7> 1º BACH

DÍA 8> 2º BACH

 

 

 

 

ENLACES A DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA

 

1º ESO

2ºESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

DOCUMENTACIÓN COMÚN PARA BACHARELATO

 

 

 

Documentación a aportar coa matrícula:

 

- Impreso de matrícula que se proporciona na conserxería do centro ou se pode descargar na páxina web:www.ieson.gal

- Fotocopia do DNI do/a alumno/a.

- Fotocopia do boletín de notas do curso 2019/2020.

- Folla de autorizacións asinada.

- 2 fotografías tamaño carné (co nome do/a alumno/a por detrás).

- 1 sobre americano aberto, sen enderezo e selado Tarifa A.

Ademais:

- O alumnado de nova incorporación ao centro aportará fotocopia da páxina do Libro de Familia onde está rexistrado/a dito/a alumno/a.

- No caso do alumnado procedente doutra comunidade autónoma, debe entregar certificación académica dos estudos realizados.

- O alumnado de 3º e 4º ESO e Bacharelato entregará o xustificante de pago das taxas do Seguro Escolar (1,12 euros que serán aboados na Conserxería do centro, ou no caixeiro da oficina de ABANCA, co número de conta ES12 2080 0312 4430 4000 4100; entregaralle un recibo para presentar no IES).

- Se está de alta no programa Alerta Escolar debe aportar informe médico.

- En caso de divorcio deben aportar a sentenza xudicial.


NOTA: O alumnado que teña algunha materia pendente de examinar para setembro deberá realizar a súa matrícula no mes de setembro.

 

A Ruta da Auga é xa unha das actividades estables no noso centro. Supón levar o entorno ás aulas, supón entender o entorno como espazo de aprendizaxe. Nela traballamos convivencia, acollida, integración e tamén paisaxe, patrimonio material e inmaterial, sostibilidade, comunicación, educación para a saúde... Grande parte do currículo podería ser desenvolvido da man deste roteiro. Así que..., que mellor que contalo e convidar a que se coñeza!  

Nas materias de Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés, o alumado traballou a linguaxe publicitaria e a importancia da imaxe neste tipo de textos. Logo aplicárono á Ruta da Auga e elaboraron trípticos para facer contar por que paga a pena vir a Porto do Son e facer esta andaina. Únense ao tríptico sobre a arquitectura patrimonial da ruta, resultado da investigacións que realizaron na materia de Lingua Galega, que levarán ás súas casas a final de curso. 

Coñecer para respectar, para manter, para potenciar e xerar dinámicas de progreso sostible. 

 

A ruta da auga

More presentations from etikeles
 
 
 

Tríptico publicitario La Ruta del Agua

More presentations from etikeles
 
 
 

the water route

More presentations from etikeles

O alumnado de 1º de ESO, na materia de Plástica, traballou o proceso de creación de cómics. E claro, que mellor tema para levar á banda deseñada que a nosa Ruta da Auga! Mirade que chulos estes traballos, alegres, sostibles, asisados, divertidos, con xogos narrativos ben interesantes... Ata a píllara toma voz para contalo! 

Achégate a coñecer a RUTA DA AUGA!

 

A RUTA DA AUGA EN CÓMIC

More presentations from etikeles

O alumnado de Educación Física de 4º de ESO traballou a alimentación neste trimestre. Canto azucre consumimos en alimentos que tomamos habitualmente? Cales son esas "falsas verdades" arredor da nutrición, das dietas...

Nada mellor que ver fisicamente a cantidade de azucre que nos metemos no corpo cada día para reaccionar! Ben interesante!

 

Rematou o curso! Veñen as vacacións! Para os que aprobaron, un par de meses por diante de descanso, festa, praia, lecer... Quen non o fixo, terá que esforzarse un pouquiño no verán para comezar tranquilo o próximo curso. 

Pero o venres, foi unha xornada festiva no insti. Paloma, a profa de bata rosa, entusiasta dos parafusos, enchufes e demais enredos tecnolóxicos conseguiu entusiasmar un ano máis o seu alumnado. Con ela, Carlos e Xulio (que sería dos nosos ordenadores sen eles!), un magnífico equipo! 

Comezaron cunha FEIRA TECNOLÓXICA para os rapaces e rapazas de 1º de ESO. Obxectivo: probar as destrezas cos mecanos e robots que fixeron na materia de Tecnoloxía en 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Ben chulos que lles quedaron!

 

 

Logo, na pista, a CARREIRA DE COCHES! Aquí vemos os partipantes preparados para saír á pista e o xurado ben pendente para premiar os que van a cen, chegan máis lonxe e están máis currados!

 

Moitas grazas a todo o alumnado e o profesorado por ter colaborado para que todo saíse tan ben! 

BO VERÁN!

NORABOA!

Aprobastes todos a ABAU.

Sorte nos vosos camiños.

Grazas polo voso empeño, a vós, ás vosas familias e ao profesorado.

Start: 21/06/2019

A CIUG informa.

Este ano habilitouse unha nova funcionalidade para que os centros poidan descargar actas abau e tarxetas de cualificacións abau dos alumnos, asinadas electrónicamente.

Como novidade, este ano o alumnado recibirá o arquivo da tarxeta de  cualificacións asinada electrónicamente no seu correo electrónico polo que os centros non teñen que imprimir todas as tarxetas como outros anos.

Se a algún alumno/a non lle chegase o correo coa tarxeta deberá ir ó seu centro e solicitala, o centro descargará a tarxeta e a imprimirá.

-Os centros poderán descargar as actas asinadas o venres 21 despois da  publicación das cualificacións da abau en nerta.
-Os centros poderán descargar as tarxetas a partir do luns 24.
-O envío das tarxetas ao alumnado farase durante o luns 24.

PRESTADE ATENCIÓN AOS VOSOS CORREOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut