Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
all day
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. all day
Con motivo do ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA 2019, a facultade de Química da USC organizou un concurso de carteis dirixido a alumnado de secundaria. O cartel “ O WOLFRAMIO, O OURO GALEGO”, presentado pola nosa alumna Lara Martínez de 1º de bacharelato B, foi seleccionado entre os 30 finalistas do concurso. O venres 24 tivo lugar, en dita facultade, a exposición dos carteis e a entrega de premios do concurso, quedando o cartel de Lara en quinto lugar.
Parabéns!
Start: 27/05/2019 16:30
Estimadas familias: A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC. Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías. Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos. Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación. Calendario: Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol
Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.) Start: 27/05/2019 18:30
Ás 18.30h, no salón de actos, "Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención". Charla impartida polas psicólogas Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo enmarcada no programa de Escola de Nais e Pais. Start: 27/05/2019 18:30
all day
Despois dun curso intenso, unha nova promoción pecha a súa etapa no IES de Porto do Son. Forman parte da comunidade educativa que integran os alumnos e alumnas, o profesorado e o persoal non docente que viviu parte da súa vida formativa e laboral no noso centro. O centro son esas persoas. Non os espazos, ou non só. A carón deles, están as vivencias compartidas nestes anos. Bos momentos e momentos difíciles. Todos eles conforman o que son, o que é o centro. Estudo, Entroidos, excursións, celebracións, amizades, amores, risos... Música para abrir un acto que presentaron, simpáticos e emocionados, Ricardo e Ismael:
Houbo tamén discursos de profes e alumnado que falaron do tempo pasado no centro e dos novos camiños que agora comezan... ... Recibiron os diplomas que os recoñecen como membros da comunidade do IES de Porto do Son. Como non, o merecido certificado de Matrícula de Honra para Clara Miranda e Adriana Pouso: Dende o público, a alegría dos convidados, das familias, o profesorado e os compañeiros e compañeiras:
Felices, pecharon tamén cantando. Despois, pinchos na cafetería, charla, fotos de recordo... BOA SORTE!!!
| 28
all day
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. all day
Este luns, á tardiña, presentamos ás nais e pais dos rapaces que comezan no instituto o próximo curso o noso centro. Falámoslles da organización da nova etapa académica que van cursar os seus fillos e fillas e da nosa liña de traballo, do noso proxecto educativo. E tamén da escola de nais e pais. Aproveitamos esta primeira xuntanza para unha das sesións informativas que, dentro desta actividade formativa, parte do propio centro: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención, impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers no noso IES, entre outros, durante varios cursos. As súas conclusións han de sernos, sen dúbida, de moita utilidade. Necesarias. Ao rematar, mostrámoslles os diferentes espazos do instituto: os corredores coas exposicións dos traballos deste curso, a biblioteca, a aula de xogos, as aulas do proxecto perseveira, a Sala Perseveira, a aula de Espazo Maker, a radio...
| 29
all day
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. | 30
Start: 23/05/2019
End: 30/05/2019
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. all day
Chegaron o xoves pasado, despois de 24 horas en autobús!!! Hoxe marchan estes 25 mozos e mozas de Quimper, coas súas profesoras Sandrine e Caroline. Para o noso alumnado foi unha magnífica experiencia tanto a nivel cultural como humano. Sempre o é. Abrirse a novas culturas e mellorar a competencia no idioma. Eles, o castelán, nós o francés. O programa foi intenso. Houbo excursións, roteiros, praia... Fixéronse xa amizades! Pois iso, foi un pracer coñecervos! Vémonos a finais de setembro na Bretaña! Boa viaxe de volta! Grazas ao departamento de Francés por organizar a actividade
| 31
Start: 31/05/2019 09:20
ACTIVIDADE PREVISTA PARA O 9 DE MAIO QUE FORA SUSPENDIDA POLA CLIMATOLOXÍA. De 9.20h a 18.30h, o alumnado de 1º ESO visitará o Castro de Neixón, mámoas do Barbanza e a aldea de Noceda. Actividade organizada polo departamento de Historia. En caso de que o tempo non permita facela, suspenderase. all day
Os días 24 e 25 de abril tivo lugar no noso centro a actividade titulada A Little English Challenge. Esta actividade estivo organizada polo profesor Héctor Agrafojo Blanco, do Departamento de Inglés, e estaba destinada aos grupos cos que traballa este curso: 4º da ESO A-B-C e 1º de Bacharelato A-B. Esta era unha actividade voluntaria para mellorar o nivel de inglés na que os alumnos debían facer un exercicio do seu libro de texto que consistía en dar os seguintes pasos: en primeiro lugar, os estudantes tiñan que buscar en internet e no seu tempo libre información sobre un tema que se lles propoñía. En 4º da ESO, o tema era unha película importante de próxima aparición; en 1º de Bacharelato, tratábase dun movemento que loite por unha boa causa. A continuación, os alumnos tiñan que expoñer oralmente no instituto un resumo da súa busca de información e entregarlle ao profesor unha copia da versión escrita do seu traballo. Neste traballo eran importantes aspectos como a corrección léxica e gramatical e a boa pronunciación.
Finalmente, os mellores alumnos recibiron, a semana pasada, como premio un libro en inglés, que lles regalou o centro. Os gañadores, xunto cos temas que abordaron e os libros que elixiron, foron os seguintes:
Laura Lojo Romero (4º ESO A)
Laura Pego Sampedro (4º ESO A)
Clara Tomé Mariño (4º ESO B)
Javier Dios Santos (1º de Bacharelato A)
Jesús Luis Vázquez Pajares (1º de Bacharelato B)
Desde o instituto felicitamos a estes alumnos polo seu bo traballo nesta actividade e polo seu bo rendemento e comportamento habituais na materia de Inglés. Esperamos, tamén, que no futuro o libro en inglés lles quede como un agradable recordo a estes estudantes do seu paso polo IESON. Grazas e parabéns! | 1
| 2
|