Skip to Content

Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención. Charla para nais e pais.

27/05/2019 16:30

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)



event | by Dr. Radut