Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 11/05/2018 10:00
Venres 11, de 10:00h ás 16:30, o alumnado do club de lectura da ESO, fará unha saída á illa de Sálvora co alumnado dos clubs de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A actividade xirará arredor da lectura de Noite de temporal de Núñez Singala, centrado no naufraxio do Santa Isabel en 1921.
Start: 11/05/2018
Macías e Luísa, do Departamento de Matemáticas, veñen de organizar uns Recreos Matemáticos no salón de actos. Pon en marcha as túas destrezas matemáticas: tenta facer figuras co Tangram (quebracabezas chinés de sete pezas), supera o reto das Torres de Hanoi, consegue intercambiar de posición as fichas do xogo das ras e os sapos, proba a soltar os aros cautivos e o aro da papeleira máxica, mira de soltarte das cordas que te enredan cun compañeiro... Comezamos!!!
|