Skip to Content

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 26, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
26
27
28
1
all day

O martes 20 de febreiro fixemos unha ruta de sendeirismo no Pindo, e o rematar visitamos a cascada do Ezaro. Foi unha actividade conxunta entre os ciclos de Arteixo, Ciclo Actividades Gondomar e Porto do Son. Non hai nada mellor como xuntarse con persoas cos mesmos intereses que ti e compartir momentos, logros, erros, aprendizaxes, ... tanto profes coma alumnos/as.

Os/as nosos/as alumnos/as fixeron de guias para os/as outros/as (aprendizaxe-servicio), unha masterclase que vale por 3, tantos como ciclos. Houbo xogos, sendeirismo, patrimonio cultural, natural que nos marca o punto de partida para a seguinte actividade...

Podedes ver un algunhas das fotos da actividade na nosa páxina de facebook: Ciclo Actividades Fisicas no Medio Natural-Porto do Son.

all day

Nunhas semanas o alumnado da ESO terá unha carreira de orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE da Xunta. O ciclo diseñou e levou a cabo unha sesión sobre orientación deportiva para 1º ESO. Os alumnos e alumnas de 1º fixerono moiiiiii ben, hai boa materia prima. Xa está no forno a segunda sesión que si o tempo o permite levarana a cabo o luns 12 de marzo.

Se queredes ver fotos, pinchade aqui.

2
all day

 

O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais. 

Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.

E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.

3
4
Distribuir contido


by Dr. Radut