Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Do 29 de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos).
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Borrador da Orde de convocatoria 2018.
Este luns dúas biólogas de ADEGA ensináronnos a realizar unha Ecoauditoria dos residuos producidos no centro, que levarán a cabo alumnas e alumnos de Cultura Científica de 4ºESO e 1ºBac. Durante estas dúas primeiras sesións estiveron analizando a situación actual do centro, e na vindeira sesión o luns 26, adoptaránse medidas para xestionar e reducir os nosos residuos.
Por outra banda, co alumnado de 1ºESO B e do Ciclo, o obradoiro consistiu en reutilizar un tipo concreto de residuo, os tetrabricks, tan complicados de reciclar. Convertéronos en moedeiros!

O alumnado de Francés de 1º de ESO, celebrou a Chandeleur (a Candelaria) ou fête des Chandelles cociñando crêpes coas súas profesoras! Souberon desta tradición dun xeito ben divertido!
Onte tivemos a segunda xornada de formación do curso Educar para unha Cultura da Sustentabilidade na biblioteca. Alejandro Pérez Díez, do proxecto Alianza Terra (Grupo SEPA), presentou a Pablo Neira Cortea, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e membro do Grupo SEPA e de Interea. Falounos da Educación como alternativa ao cambio climática. A continuación, Nélida Lamelas Castellanos, da Facultade de Economía da USC, e Paz Caínzos Rodríguez, de Intered Galicia e SEPA-Interea, realizaron para nós unha sesión dinámica, motivadora e xeradora de tempos de reflexión en común sobre O eco-feminismo e o coidado da vida nos centros educativos.
De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para alumado de Ecomomía e IAEE de 4º de ESO. |