Eventos
De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula.
Colaboramos con Rede Espora no Día Mundial da Radio! A nosa primeira produción pública no proxecto Radio na Biblio. Podedes ler a entrada completa no blog da biblioteca.
Onte o alumnado de 1º de bacharelato de Economía, aprendeu un pouco máis sobre as finanzas, o aforro, as claves dos pagamentos dende a rede... O director da oficina do Banco Santander de Boiro deulles a charla dentro do proxecto Eduemprende, da Consellería de Educación.
· De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula.
De 10.20h a 11:10h, Ecoauditoría. Para alumnos de Cultura Científica de1º BAC e 4º da ESO. (última sesión)
Obradoiro SUBSTITUÍNDO OS TÓXICOS NO FOGAR:
- Ás 11:10h, cos grupos de 4º ESO B e C de FQ, na súa hora de Física e Química.
- Ás 16:20h, con 2º BAC A, na súa hora de clase de CTMA.
O martes 20 de febreiro fixemos unha ruta de sendeirismo no Pindo, e o rematar visitamos a cascada do Ezaro. Foi unha actividade conxunta entre os ciclos de Arteixo, Ciclo Actividades Gondomar e Porto do Son. Non hai nada mellor como xuntarse con persoas cos mesmos intereses que ti e compartir momentos, logros, erros, aprendizaxes, ... tanto profes coma alumnos/as.
Os/as nosos/as alumnos/as fixeron de guias para os/as outros/as (aprendizaxe-servicio), unha masterclase que vale por 3, tantos como ciclos. Houbo xogos, sendeirismo, patrimonio cultural, natural que nos marca o punto de partida para a seguinte actividade...
Podedes ver un algunhas das fotos da actividade na nosa páxina de facebook: Ciclo Actividades Fisicas no Medio Natural-Porto do Son.
Nunhas semanas o alumnado da ESO terá unha carreira de orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE da Xunta. O ciclo diseñou e levou a cabo unha sesión sobre orientación deportiva para 1º ESO. Os alumnos e alumnas de 1º fixerono moiiiiii ben, hai boa materia prima. Xa está no forno a segunda sesión que si o tempo o permite levarana a cabo o luns 12 de marzo.
Se queredes ver fotos, pinchade aqui.
O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais.
Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.
E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.
Venres 2 de 12:20h a 14:00h, para alumnado de 4º de ESO, mesa redonda con Montse Fajardo e Mª do Carmen Rey como mulleres transmisoras da memoria histórica. Actividade arredor da conmemoración do Día da Muller promovida polo Departamento de Historia e a Biblioteca.
A biblioteca leva a cabo actividades no marco do Día da Muller e o tema interdisciplinar da Comunicación (podedes ler as etradas no blog da biblioteca):
- Exposición "Día da Muller: contando facemos cordada".
- Lectura de Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño nos clubs de lectura de adultos e no d@s maiores. Os benxamíns, andan con Frida Kalho. Unha biografía de María Hesse.
- Recibimos o venres a María do Carmen Rey e Montse Fajardo para seguir coa cordada. Contáronnos da memoria, das voces de muller nas súas obras. (co departamento de Xeografía e Historia).
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Hoxe, véspera do Día da Muller, deixamos colacada unha pancarta que se une ás dos cursos anteriores reclamando dereitos, denunciando inxustizas. E tamén penduramos os nosos mandís "tuneados" cos nosos "porqués" e cos nosos"para que", cos nosos berros!
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Ximena e Natalia, alumnas que forman parte do grupo do instituto de Correspondentes Xuvenís, achégannos unha reflexión ben atinanda sobre o que supuxo para elas o 8 de marzo e como o vivimos no centro.
Velaquí:
8 de marzo de 2018,
Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas
as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos
e as que contan con eles,
para as que coidan dos demais e tamén delas mesmas,
para as que converten todo en enerxía e para as que
precisan unha
luz no camiño.
Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos
e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes
somos iguais
porque somos persoas.
Nós, adolescentes, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios máis baixos, coida dos
rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos
fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!
Por iso as profesoras do IES de Porto do Son quixeron poñer o seu gran de area colaborando cuns mandís
tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.
Como sería un día sen mulleres?
15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.