Eventos
Do 29 de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos).
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
Borrador da Orde de convocatoria 2018.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos
O alumnado de Francés de 1º de ESO, celebrou a Chandeleur (a Candelaria) ou fête des Chandelles cociñando crêpes coas súas profesoras! Souberon desta tradición dun xeito ben divertido!
De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para alumado de Ecomomía e IAEE de 4º de ESO.
Onte tivemos a segunda xornada de formación do curso Educar para unha Cultura da Sustentabilidade na biblioteca. Alejandro Pérez Díez, do proxecto Alianza Terra (Grupo SEPA), presentou a Pablo Neira Cortea, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e membro do Grupo SEPA e de Interea. Falounos da Educación como alternativa ao cambio climática. A continuación, Nélida Lamelas Castellanos, da Facultade de Economía da USC, e Paz Caínzos Rodríguez, de Intered Galicia e SEPA-Interea, realizaron para nós unha sesión dinámica, motivadora e xeradora de tempos de reflexión en común sobre O eco-feminismo e o coidado da vida nos centros educativos.
Podedes ler máis no blog da biblioteca.
Do 29 de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos).
De 8:20h a 14:15h ou 14:30h, saída do alumnado de 1º e 2º de bacharelato interesado en asisitir aos “Encontros no campus da USC”. Actividade do PAT, departamento de Orientación (orientación académica).
Continuamos coas actividades programadas polo departamento de Orientación dentro do PAT. Esta mañá o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu aos Encontros no campus da USC. Trátase dunha máis das iniciativas levadas a cabo para axudar o alumnado na toma de decisisóns para o seu futuro. Na imaxe, asisten á presentación no Salón Magno da Facultade de Medicina.
Pedímosvos a vosa colaboración para que esa xornada sexa o que debe ser, un día de FESTA!
3 Primerias horas: actividade lectiva nomal.
4ª hora:
2º Bacharelato:
· O alumnado de 2º de Bacharelato terá clase normal. Se se disfrazan sen participar, terán que facelo no recreo.
1º Bacharelato:
O alumnado que non se disfraza terá clase.
ESO:
J TEMPO PARA QUE O ALUMNADO E O PROFESORADO SE DISFRACE.
J Xogos no patio para o alumnado que non se disfraza mentres o fan os compañeiros*
- Organízanos os alumnos e alumnas de Artes Escénicas.
- De entre os gañadores dos xogos sairán 3 dos 7 membros para o xurado.
- Colaborade para que todo saia ben.
*Se nun grupo non se disfraza ninguén, este terá clase normal ou cubrirase con gardas.
5ª e 6ª hora: FESTIVAL DE ENTROIDO NO POLIDEPORTIVO
- Ábrese o baile cun desfile de todos os que están disfrazados
- Desfile dos que están anotados para o concurso
- Mentres o xurado reflexiona, BAILE!!
- POR FAVOR, facilitade o traballo ás compañeiras encargadas da limpeza!
CATEGORÍAS
Ante a case nula participación individual e de parellas dos últimos anos, e procurando a convivencia como obxectivo, apostamos polas categorías de grupos. Considérase grupo a partir de 4 partipantes
- 1ª categoría: de 1º a 3º de ESO.
- 2ª categoría: 4º de ESO, bacharelato e ciclo.
PREMIO
- 1º premio: 70 euros nun vale para utilizar na cafetería do institutonuns pinchos para o grupo (tortillas, pizzas...) para todas as categoría.
- 2º premios: 40 euros ( 1ª categoría) / 40 euros (2ª categoría) nun vale para utilizar na cafetería do instituto en bocatas ou nun pincho para o grupo.
Pode quedar baleira a adxudicación de un deles se se considera que a calidade do disfraz (orixinalidade, implicación do grupo, etc) non é a adecuada.
ANOTÁDEVOS en VICEDIRECCIÓN. Último día o luns 5 de febreiro. Ao facelo debedes indicar os nomes dos integrantes, o curso e o disfraz. Facédeo no modelo que podedes recoller en conxersería.
Aquí temos os representantes dos grupos que gañaron no festival de Entroido. Foi moi difícil a decisión para o xurado. Os disfraces estiveron moi traballados, os baliles... En todo caso, parabéns a todas e todos os participantes!!! E moitas grazas por facer que, un ano máis, este fose un estupendo día de festa! Non queremos esquecer os mozos e mozas de Artes Escénicas que animaron cos xogos, a Laura, a mellor reporteira, o xurado e, por suposto, as presentadoras de excepción: Rosalía e Soraya!!!
Aquí vos deixamos o vídeo da festa!
De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula.
Colaboramos con Rede Espora no Día Mundial da Radio! A nosa primeira produción pública no proxecto Radio na Biblio. Podedes ler a entrada completa no blog da biblioteca.
Onte o alumnado de 1º de bacharelato de Economía, aprendeu un pouco máis sobre as finanzas, o aforro, as claves dos pagamentos dende a rede... O director da oficina do Banco Santander de Boiro deulles a charla dentro do proxecto Eduemprende, da Consellería de Educación.
· De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula.
De 10.20h a 11:10h, Ecoauditoría. Para alumnos de Cultura Científica de1º BAC e 4º da ESO. (última sesión)
Obradoiro SUBSTITUÍNDO OS TÓXICOS NO FOGAR:
- Ás 11:10h, cos grupos de 4º ESO B e C de FQ, na súa hora de Física e Química.
- Ás 16:20h, con 2º BAC A, na súa hora de clase de CTMA.
O martes 20 de febreiro fixemos unha ruta de sendeirismo no Pindo, e o rematar visitamos a cascada do Ezaro. Foi unha actividade conxunta entre os ciclos de Arteixo, Ciclo Actividades Gondomar e Porto do Son. Non hai nada mellor como xuntarse con persoas cos mesmos intereses que ti e compartir momentos, logros, erros, aprendizaxes, ... tanto profes coma alumnos/as.
Os/as nosos/as alumnos/as fixeron de guias para os/as outros/as (aprendizaxe-servicio), unha masterclase que vale por 3, tantos como ciclos. Houbo xogos, sendeirismo, patrimonio cultural, natural que nos marca o punto de partida para a seguinte actividade...
Podedes ver un algunhas das fotos da actividade na nosa páxina de facebook: Ciclo Actividades Fisicas no Medio Natural-Porto do Son.
Nunhas semanas o alumnado da ESO terá unha carreira de orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE da Xunta. O ciclo diseñou e levou a cabo unha sesión sobre orientación deportiva para 1º ESO. Os alumnos e alumnas de 1º fixerono moiiiiii ben, hai boa materia prima. Xa está no forno a segunda sesión que si o tempo o permite levarana a cabo o luns 12 de marzo.
Se queredes ver fotos, pinchade aqui.
O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais.
Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.
E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.
Venres 2 de 12:20h a 14:00h, para alumnado de 4º de ESO, mesa redonda con Montse Fajardo e Mª do Carmen Rey como mulleres transmisoras da memoria histórica. Actividade arredor da conmemoración do Día da Muller promovida polo Departamento de Historia e a Biblioteca.
A biblioteca leva a cabo actividades no marco do Día da Muller e o tema interdisciplinar da Comunicación (podedes ler as etradas no blog da biblioteca):
- Exposición "Día da Muller: contando facemos cordada".
- Lectura de Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño nos clubs de lectura de adultos e no d@s maiores. Os benxamíns, andan con Frida Kalho. Unha biografía de María Hesse.
- Recibimos o venres a María do Carmen Rey e Montse Fajardo para seguir coa cordada. Contáronnos da memoria, das voces de muller nas súas obras. (co departamento de Xeografía e Historia).
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.
Hoxe, véspera do Día da Muller, deixamos colacada unha pancarta que se une ás dos cursos anteriores reclamando dereitos, denunciando inxustizas. E tamén penduramos os nosos mandís "tuneados" cos nosos "porqués" e cos nosos"para que", cos nosos berros!
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller
Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.