Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A.

Dentro do marco das actividades do proxecto Erasmus+ UMBRELLA, hoxe visitounos o ornitólogo Óscar Rivas López, que deu dúas charlas sobre cegoñas e anduriñas. Estas charlas axudarán aos nosos umbrellians a preparar un vídeo sobre os cambios nos patróns migratorios das aves da nosa contorna. Moitas grazas, Óscar, e moitas gracias tamén a Sofía por organizar a visita.

   

A clase de terceiro de ESO incorpórase ás actividades do proxecto UMBRELLA creando cómics en inglés que ilustran refráns populares sobre o tempo.

  

  

 

 

O noso póster e o seu orgulloso deseñador, Hugo Gutiérrez Catalán. Gracias Hugo!

 

Queremos informar ao alumnado participante e ás súas familias que, debido á situación actual de pandemia, os socios participantes no proxecto UMBRELLA decidimos pospoñer a mobilidade en Meira, prevista para mediados de outubro de 2020, ata unha data aínda por determinar.

De cara ao curso que ven, a Comisión Europea confirmou que van continuar os proxectos Erasmus+, en principio con actividades no centro e tamén virtuais, pero coa posibilidade de realizar mobilidades sempre que a situación sanitaria o permita.

Debido á situación de emerxencia sanitaria a nivel mundial na que nos atopamos, a mobilidade a Croacia queda posposta. O equipo de profesores e profesoras do proxecto estamos a traballar buscando posibles datas nas que celebrar esta actividade. 

 

Distribuir contido