Este é o video interactivo que creou o alumnado de cuarto e primeiro de BAC para o proxecto Erasmus sobre os desertos urbáns. A idea era investigar sobre a cantidade de espazos verdes que temos nas vilas e cidades nas que vivimos e reflexionar sobre a necesidade de incrementalos.
En conmemoración do día de Europa cada 9 de maio, o noso instituto sumouse a unha iniciativa na que participaron outros 13 centros escolares de distintos países. A idea era compartir un refrán local, incluindo a explicación en inglés. Coñecedes a alguén no vídeo?
Xa temos totalmente operativa e conectada a Internet a nosa estación meteorolóxica. Podes saber que tempo temos na zona do instituto consultando os enlaces que podes ver na páxina principal da web do centro: