Taboleiro
ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE: Admisión de alumnado para o curso 2018/2019
ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE.
No día de hoxe acórdase admitir a dúas alumnas para 1º da ESO.
No documento adxunto pódese consultar a resolución de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar.
PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019
O prazo para presentar solicitudes de admisión, para estudar o curso 2018/2019 Educación Secundaria Obritagoria e Bacharelato, abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo.
As prazas dispoñíbeis neste IES son as seguintes:
Nivel educativo | Nº de vacantes |
1º ESO | 0 VACANTES |
2º ESO | 28 VACANTES |
3º ESO | 12 VACANTES |
4º ESO | 26 VACANTES |
1º BACHARELATO | 19 VACANTES (13 ORDINARIAS E 6 PARA ANEE) |
2º BACHARELATO | 12 VACANTES |
Admisión F.P. Básica
Relación de solicitantes admitidos e excluídos para a F.P. Básica.
Curso 2017/2018.
SEMANA DAS CIENCIAS
En colaboración có Concello de Ponteareas e outros centros docentes da vila, o alumnado do IES Pedra da Auga participou nas actividades que tiveron lugar na celebración da II Semana das Ciencias. Como podedes ver no resumo da galería de imaxes, foron moitas e variadas as intervencións dos departamentos de Física e Química, Matemáticas e Bioloxía e Electricidade que serviron para compartir e adquirir coñecementos cós demáis participantes. Cabe destacar a dedicación ao proxecto de Clara Alves e Jenny González, alumnas de 4º ESO, que foron as presentadoras oficiais das conferencias das tardes, a de Simón Teijeiro y Estela Domínguez, de 1º Bacharelato C, que expuxeron o traballo defendido no mes de xaneiro sobre o cambio climático en Santarèm, e a to todo o alumnado que estivo o venres na rúa transmitindo con demostracións prácticas os traballos realizados duntate estes días. Parabéns tanto a eles como ó profesorado!
Preme na imaxe para acceder á galería.
Concurso Eduemprende Idea
Publicada a Orde do 30 de marzo de 2017 (DOG 17 de abril de 2017) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Comprende dúas modalidades:
A: ciclos de grao superior
B: ciclos de grao medio
A participación terá que ser en grupo, formada por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
Pódese ampliar información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea
CONCURSO EUROSCOLA 2017
O alumnado de economía de 4º ESO e un grupo dos de 1º de Bacharelato, participaron, dirixidos por Milagros Malvido, a súa profesora, no concurso EUROSCOLA 2017.Tiveron que escoller un dos dereitos da Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea e facer un video de un minuto e medio que exemplificase o tema escollido. Ademáis tamén debian presentar outro vídeo có making of da preparación do traballo. O dereito elexido foi "Liberdade de circulación e de resedencia" e aquí tedes o making of e o video que presentaron ao concurso.Sorte!
Preme na imaxe para ver o makin of
Preme na imaxe para ver o resultado final.
CERN PARTICLE MASTERCLASS 2017
Novamente, o IES Pedra da Auga participou nesta actividade no curso 2016-2017.
Os alumnos de 2º de BacharelatoIván Fernández Arjones e Sergio Campos González, participaron o xoves 6 de abril no CERN Particle MasterClass 2017, organizado pola Facultade de Física da Universidade de Santiago en colaboración co CERN.
A xornada foi moi enriquecedora para os nosos participantes que seguiron as diferentes presentacións dos traballos nos que se investigaba, entre outras cousas o que podería ser a orixe do descrubrimento do Bosón de Higgs, parícula elemental proposta no modelo estándar de física de partículas.
PREME NO ENLACE PARA ACCEDER Á GALERÍA
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »