Skip to Content

Acto Escolas Unesco

O venres 15 de abril tivo lugar en Usos Múltiples un acto das Escolas UNESCO no que contamos coa presenza de Luísa Márquez, coordinadora das Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia.
Neste acto quixemos agradecerlle a todo o alumnado a súa colaboración en tódalas actividades propostas pola UNESCO e elas e eles mesmos nos contaron a súa experiencia na participación de diferentes encontros nacionais e internacionais.

FCT no estranxeiro

Esta semana comeza as prácticas en empresas do estranxeiro un alumno do ciclo de formación profesional do noso centro.

Por primeira vez na historia do IES Pazo da Mercé, un alumno vai facer as prácticas en empresas en Praga mediante o programa Erasmus+, onde vai estar tamén desprazado o profesor-titor durante unha semana.

Viaxe de estudos ó Courel

Esta viaxe de estudos terá lugar do 30 de marzo ó 1 de abril e vai dirixida ó alumnado, preferentemente, de 2º da ESO. Poden consultar o programa da actividade neste enlace.

Viaxe de estudos a Andorra: experiencia na neve

Neste enlace poderán consultar o programa da viaxe a Andorra.

Viaxe de estudos a Lisboa

Neste enlace poderán consultar o programa da viaxe a Lisboa.


 

Día de Rosalía no IES Pazo da Mercé

Como tódolos anos, o fantástico equipo da Biblio organizou un fermoso acto de homenaxe á nosa autora máis universal: Rosalía. Aquí tedes algunhas fotos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut