Skip to Content

Anselmo López Carreira inaugura as Xornadas de Historia

O mércores 3 de abril o profesor Anselmo López Carreira, catedrático de Historia Medieval e profesor da UNED en Ourense, inaugurou as II Xornadas de Historia “Abril das Neves”.

Guiándonos coa lectura de textos medievais e posteriores, así como de ilustracións e fotografías, disertou sobre unha das máis interesantes personaxes medievais galegas: a famosísima Inés de Castro e a súa relación con Pedro I de Portugal. Este episodio serviunos para introducirnos no apaixoante mundo medieval do Reino de Galicia, do que López Carreira é un dos mellores expertos. A comarca do Condado-Paradanta como escenario de distintos feitos mereceulle ao conferenciante algún comentario en relación co tema da conferencia.

O alumnado de bacharelato estivo moi atento a esta exposición e ao final participou con algunhas preguntas de moito interese. O conferenciante quedou encantado.

Noraboa e parabéns!

Continuamos o luns 8 con Lucía García Gil, sobre “As Neves na etapa moderna”.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut