Skip to Content

Mércores 16 de novembro: Visita ao MUNCYT e á exposición de AI na AFundación Coruña


O alumnado do 2 ano de Ciclo Medio e o 1 ano de Ciclo Superior de Sistemas Microinformáticos e Redes realizou unha saída a A Coruña o mércores 16 de novembro onde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e a exposición AI: MORE THAN HUMAN.

O primer sitio visitado foi o museo MUNCYT. Alí coñoceron, entre moitas cousas, o equipamento das primeiras xeracións de ordenadores,válvulas de vacío, memorias de núcleos de ferrita, etc. 

A segunda visita realizada foi a Exposición de AI na Sede AFundación da Coruña.  O alumnado tuvó a posibilidade de interactuar directamente cos obxectos expostos para experimentar de primeira man as capacidades da Intelixencia Artificial.

 



page | by Dr. Radut