Skip to Content

EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O alumnado de 2º da ESO participou nunha saída polo Sendeiro dos Pescadores e a área recreativa de Santa Mariña que está dentro da Rede Natura Baixo Miño, para celebrar o Día Mundial do Medio ambiente, este ano adicado á estauración dos Ecosistemas. O alumnado puido coñecer e valorar os espazos naturais do bosque de ribeira. O noso centro, como escola asociada da UNESCO, traballa na Axenda 2030 e nos ODS coa finalidade de formar unha cidadanía responsable que loite pola conservación do medio ambiente. Nesta saída, ao alumnado se lle proporcionou unha mochila e un portabocatas para reducir o uso do plástico no centro. Ademáis, participou nun obradoiro de decoración de máscaras que serán expostas no centro.


page | by Dr. Radut