Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

PROGRAMACIÓN DPTO. LINGUA CASTELÁ CURSO 24/25

MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ 2024/25

  • D. Francisco Javier Fontenla García (Xefe de Departamento)

  • Doña María Fernández Montes

  • Doña María Jesús Gómez Cardero

  • D. Pedro Vicente Martín Lucas

  • Doña María Belén Nóvoa Corral

  • Don Jonathan Pérez Pérez

  • Doña Olga Porral Fernández

 

SEXISMO NA PRENSA

 

Despois do traballo coa prensa, desenvolvido nas aulas con alumnado de 2º e 3º ESO, o venres 17 de marzo tivemos no Otero Pedrayo un encontro coas periodistas Alba Chao Vázquez e Laura Vázquez Prieto. Ambas fan parte do colectivo Xornalistas Galegas, que tenta promover unha práctica xornalística afastada do sexismo. Con enormes doses de calma e didactismo, explicáronnos o que procuran desde a súa asociación: a necesidade de que os medios conten con asesoramento en perspectiva de xénero, a importancia dun tratamento especializado da violencia contra a muller, a reivindicación dunha maior cobertura xornalística en eidos como o deporte feminino,...
Agradecemos que nos lembraran a responsabilidade que os medios teñen na erradicación do sexismo, así como o papel activo do público, xa que como receptores temos a posibilidade de rexeitar un xeito de facer xornalismo e apoiar outro que sexa respectuoso. E na formación dun público concienciado coa igualdade, debemos estar nós: o IES Otero Pedrayo, comprometido cun ensino público de calidade.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VOLTA AO MUNDO EN FRAUTA

Magnífica a volta ao mundo en frauta que o noso compañeiro de Lengua Pedro Martín Lucas nos fixo o venres pasado. Que luxazo para o IES Otero Pedrayo! Mil grazas, Pedro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

Contidos mínimos

Os contidos mínimos para os exames extraordinarios de setembro das materias de Lingua castelá e Literatura universal pódense consultar aquí.

RECUPERACION PENDENTES: 1º PARCIAL CURSO 20/21

Data prevista do primeiro exame parcial para alumnos coa materia pendente de cursos anteriores e metodoloxía xeral para ese alumnado, tal como está prevista na programación.

TEATRO: DON JUAN TENORIO

 

O teatro é sempre unha prioridade no IES Otero Pedrayo. Nesta ocasión, o alumnado de 4º da ESO puido ver representada unha das obras clásicas da literatura española: “Don Juan Tenorio”, de José Zorrilla. Foi no Teatro Principal de Ourense, o 5 de febreiro.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut