Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita aos centros ocupacionais de ASPNAIS | ||
Día: 19 de maio Hora: 10:00-12:30 aprox. Para: 2º ESO A/B/ACC Lugar: Lugo |
Con esta actividade preténdese sensibilizar ao alumnado, cunha finalidade: lograr unha sociedade xusta e solidaria.
Os Centros Ocupacionais desta asociación teñen como obxectivo proporcionar a habilitación laboral dos seus usuarios mediante programas adaptados segundo as características, necesidades e intereses de cada un. Para iso, mediante esta visita comprobarán como traballan estas persoas con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida e consolidar a súa integración na sociedade.
O alumnado de 2ºESO sairá do instituto ás 10:00h, para estar ás 10:30h no Centro Ocupacional de ASPNAIS Nº2 (Arieiras s/n · Pol. da Louzaneta). Logo desprazaranse até o Centro Ocupacional nº1 (Rampla de Claudio López nº 21). E, darase por finalizada a actividade sobre as 12:30 h, momento no que regresarán ao instituto.
Máis información: www.aspnais.org
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Antisemitismo: que é e por que? | ||
Día: 20 de maio |
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Daniel Edelstein Glaubach (Profesor de Física Teórica, do Departamento de Física de Partículas).
Resumo: Nesta charla pretende achegar o seu gran de area na difícil tarefa de erradicar de Europa unha das patoloxías mentais endémicas máis severas e persistentes: o antisemitismo.
Pero, por que este científico que fixo posible que Stephen Hawking visitase Santiago dá esta charla no noso instituto?
Quizais porque os seus avós fuxiron do antisemitismo, desde Europa a Arxentina. E a el tamén lle tocou vivilo de cativo, tendo que marchar a Venezuela, pouco antes do golpe do xeneral Videla.