Historia do Centro

MOSTEIRÓN NO PROGRAMA NÁUFRAGOS DA TVG

 

 

"En moitos naufraxios a herdanza dos fillos e fillas do mar era a orfandade. En Galicia creáronse dous colexios para atender os orfos e orfas dos mariñeiro. Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada, e os nenos ían ao colexio de Panxón, no concello de Nigrán."

 

 

Na maioría dos casos era imposible para as nais viúvas, por non ter ingresos, manter os fillos, co que non tiñan máis remedio que envialos a internados que auspiciaba o Estado, coa ríxida educación dos anos 40.

O equipo de “Náufragos”, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón, entrevistará catro ex-alumnas do colexio de Mosteirón e catro ex-alumnos do colexio de Panxón. Testemuños arrepiantes, de traxedia e separación familiar, mesturaranse con historias amenas e divertidas cando a amizade entre os internos era o único xeito para sobrevir afectivamente.

Fonte da información: páxina da TVG

ENLACE Á PÁXINA DA TVG  

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

HISTORIA DO CENTRO

 

MOSTEIRÓN - AS ORIXES

O Centro ten a súa orixe nun proxecto do ano 1953. A idea era crear un orfanato de fillas de pescadores falecidos en acciden­tes de mar a través da Mutualidade de Accidentes de Mar e de Tra­ballo.

Para elo, adquiriuse  unha finca  ubicada no lugar de Esperela, Parroquia de Mosteirón, no Concello de Sada da provincia de A ­Coruña, cuhna superficie de 11.314 m2  na que se adapta o edificio que xa existía, "una casa de indiano" e se prolonga a edificación pola parte posterior para facer un módulo destinado a dormitorios, comedores, capela e outros servicios.  Nace­ así o Colexio-Residencia "Carmen Polo de Franco", con capacidade para 30 alumnas das que se fai cargo unha Comunidade Relixiosa: As Fillas de María Auxiliadora-Calasancias.

En años posteriores vanse adquirindo novos terreos ata chegar a unha superficie de 34.391 m2.

Pouco a pouco sucesivas  ­ampliacións da Residencia inicial van dando forma ao actual recinto Escolar.

Entre estas obras as máis salientables foron:

  • 1958 - 1959: Ampliación da Residencia para instalar un patio cuberto, "o patio andaluz", servicios de tren de lavado e planchado (coñecido polas alumnas como "planchero") e un almacén xeneral, na planta baixa. Tamén neste ano se levanta un novo dormitorio na primeira planta para 50 alumnas e unha segunda planta destinada exclusivamente a aulas.
  • 1960-1961.- Construcción, a esquerda do "Patio andaluz", dun edificio independente destina­do a garaxe na súa planta baixa, vivienda do chofer-garda na primeira planta, e habitacións para hospedaxe na segunda planta.
  • 1965.- Construese un novo depósito de abastecemento de auga, ­ á vez que se fai unha nova instalación.
  • 1966-1967. - Ampliación do edificio cun anexo na parte posterior para instalar na planta baixa da mesma os servicios de cociña, office, almacén, cámaras frigoríficas, etc, e nas plantas 1ª e 2ª máis dormitorios e outros diversos servicios, co que a capacidad da Residencia pasa a ser de 200 plazas.
  • 1969.- Instalación de augua quente e calefacción central.
  • 1971.- Completa transformación das instalacións do Centro e da estructura do mesmo, pasando a ser a súa capacidad de 270 alum­nas. Instálase tamén neste momento unha centraliña telefónica e unha rede de teléfonos interiores.
  • 1975.- Ampliación do comedor e transformación dalgúns despa­chos en aulas.
  • En 1976.- Construcción, na mesma finca, dun novo edificio de tres plantas destinado a ­aulas despachos e oficinas. Trasládase neste ano toda a actividade de ensino a este edificio quedando así separados o Centro de Ensino e a Residencia.
  • En 1986.- Construcción dun edificio de tres plantas, noutra parcela da mesma finca, destinado a só a Residencia de alumnas con capacidade para 264 camas.
Distribuir contido