HISTORIA DO CENTRO

 

MOSTEIRÓN - AS ORIXES

O Centro ten a súa orixe nun proxecto do ano 1953. A idea era crear un orfanato de fillas de pescadores falecidos en acciden­tes de mar a través da Mutualidade de Accidentes de Mar e de Tra­ballo.

Para elo, adquiriuse  unha finca  ubicada no lugar de Esperela, Parroquia de Mosteirón, no Concello de Sada da provincia de A ­Coruña, cuhna superficie de 11.314 m2  na que se adapta o edificio que xa existía, "una casa de indiano" e se prolonga a edificación pola parte posterior para facer un módulo destinado a dormitorios, comedores, capela e outros servicios.  Nace­ así o Colexio-Residencia "Carmen Polo de Franco", con capacidade para 30 alumnas das que se fai cargo unha Comunidade Relixiosa: As Fillas de María Auxiliadora-Calasancias.

En años posteriores vanse adquirindo novos terreos ata chegar a unha superficie de 34.391 m2.

Pouco a pouco sucesivas  ­ampliacións da Residencia inicial van dando forma ao actual recinto Escolar.

Entre estas obras as máis salientables foron:

  • 1958 - 1959: Ampliación da Residencia para instalar un patio cuberto, "o patio andaluz", servicios de tren de lavado e planchado (coñecido polas alumnas como "planchero") e un almacén xeneral, na planta baixa. Tamén neste ano se levanta un novo dormitorio na primeira planta para 50 alumnas e unha segunda planta destinada exclusivamente a aulas.
  • 1960-1961.- Construcción, a esquerda do "Patio andaluz", dun edificio independente destina­do a garaxe na súa planta baixa, vivienda do chofer-garda na primeira planta, e habitacións para hospedaxe na segunda planta.
  • 1965.- Construese un novo depósito de abastecemento de auga, ­ á vez que se fai unha nova instalación.
  • 1966-1967. - Ampliación do edificio cun anexo na parte posterior para instalar na planta baixa da mesma os servicios de cociña, office, almacén, cámaras frigoríficas, etc, e nas plantas 1ª e 2ª máis dormitorios e outros diversos servicios, co que a capacidad da Residencia pasa a ser de 200 plazas.
  • 1969.- Instalación de augua quente e calefacción central.
  • 1971.- Completa transformación das instalacións do Centro e da estructura do mesmo, pasando a ser a súa capacidad de 270 alum­nas. Instálase tamén neste momento unha centraliña telefónica e unha rede de teléfonos interiores.
  • 1975.- Ampliación do comedor e transformación dalgúns despa­chos en aulas.
  • En 1976.- Construcción, na mesma finca, dun novo edificio de tres plantas destinado a ­aulas despachos e oficinas. Trasládase neste ano toda a actividade de ensino a este edificio quedando así separados o Centro de Ensino e a Residencia.
  • En 1986.- Construcción dun edificio de tres plantas, noutra parcela da mesma finca, destinado a só a Residencia de alumnas con capacidade para 264 camas.